Temas: 112 MIñO

Rescatadas dúas persoas en Perbes logo de envorcar o kaiak no que navegaban

O helicóptero Pesca I desprazouse ao lugar pero finalmente non tivo que intervir.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/10/2018 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

Dúas persoas tiveron que ser rescatadas logo de envorcar o kaiak no que navegaban nas inmediacións da praia de Perbes, no municipio coruñés de Miño.

Helicóptero salvamento
Helicóptero salvamento

Así, segundo informa o CIAE 112 Galicia, ao redor das 14,00 horas deste venres un veciño da localidade chamou á central de emerxencias para alertar que unha muller pedía socorro desde un kaiak envorcado na costa.

Salvamento Marítimo enviou ao lugar ao helicóptero Pesca I, que finalmente non tivo que intervir porque os ocupantes do kaiak xa foran rescatados por unha embarcación próxima á zona. A continuación, estas persoas foron trasladados ao porto de Sada en perfecto estado de saúde, polo que non foi necesario que recibisen atención médica.

Temas: 112 MIñO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta