Predicións meteorolóxicas para este domingo: caída das temperaturas de até dez graos

Os termómetros precipitaranse este domingo na Comunidade galega tras o paso da fronte con ventos do sur que azoutou Galicia con fortes ventos ao longo do sábado.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2018 | Actualizada ás 06:10 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Os termómetros precipitaranse este domingo na Comunidade galega tras o paso da fronte con ventos do sur que azoutou Galicia con fortes ventos ao longo do sábado.

Así, segundo a predición de Meteogalicia, o vento cambiará de dirección e soprará de compoñente norte pola mañá, o que fará que os termómetros descendan até dez graos en certos puntos respecto ao sábado.

Polo demais, os ceos estarán parcialmente cubertos, con máis claros na metade oeste e nubes máis compactas no leste, onde haberá precipitacións pola mañá.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta