Os usuarios de autobús urbano crecen un 3,2% en Galicia en agosto

Tamén aumentaron os usuarios do avión e do AVE.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/10/2018 | Actualizada ás 09:55

Comparte esta noticia

Os usuarios de autobús urbano en Galicia experimentaron durante o mes de agosto un crecemento do 3,2%, con respecto ao ano anterior, até os 4.594.000 viaxeiros.

Autobús urbano Santiago de Compostela Galicia viaxeiros autobús urbano. EUROPA PRESS - Archivo
Autobús urbano Santiago de Compostela Galicia viaxeiros autobús urbano. EUROPA PRESS - Archivo | Fonte: Europa Press

Segundo os datos da enquisa de viaxeiros que publica este luns o Instituto Nacional de Estatística (INE), este medio de transporte acumula na Comunidade no que vai de ano un incremento do 1,9% na súa cifra de usuarios.

A nivel nacional, o transporte por autobús foi utilizado por 51,6 millóns de viaxeiros en agosto, cifra un 2,1% superior á do mesmo mes de 2017. Pola súa banda, o número de viaxeiros que optou por viaxar en avión para desprazarse polo interior do país aumentou un 8,8% en agosto respecto ao mesmo mes de 2017, mentres que os que elixiron os trens AVE subiron un 3,7%.

En concreto, máis de 3,9 millóns de usuarios utilizaron o transporte aéreo no oitavo mes do ano, cifra superior aos que escolleron o tren de Longa Distancia para os seus desprazamentos, con 2,79 millóns. Dentro deste segmento, os viaxeiros que utilizaron o AVE sumaron 1,6 millóns de usuarios.

O transporte ferroviario foi utilizado por 39,3 millóns de viaxeiros, un 5,1% máis que en agosto de 2017, dos cales 34,1 millóns corresponderon a usuarios de proximidade (+5,5%); 2,4 millóns a Media Distancia (+1,9%), e 2,79 millóns a Longa Distancia (+3,2%).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta