O presidente portugués dá exemplo ao seu pobo arrincando eucaliptos para plantar carballos

O Presidente da República de Portugal non tivo problemas en poñer luvas e arrincar eucaliptos xunto co ministro da Planificación e das Infraestruturas, pedro Marques, e un alcalde.

Por Galicia Confidencial | Lisboa | 17/10/2018 | Actualizada ás 10:54

Comparte esta noticia

O presidente da República de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, tivo un xesto que está dando a volta ao mundo. Durante unha acción de limpeza e de plantación de especies autóctonas no monte da nosa Señora do Castelo, en Vouzela, o político lugo non tivo problema en poñer unhas luvas e axudar a arrincar eucaliptos para plantar carballos. Un xesto que en Galicia sería moi difícil de imaxinar por parte do actual presidente da Xunta. 

O presidente da República de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, arrincando eucaliptos
O presidente da República de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, arrincando eucaliptos | Fonte: RTP

"Estamos nesta acción de hoxe precisamente porque estamos preocupados. A natureza fixo irromper outra vez eucaliptos por todas  partes, quere aquí, quere na área afectada en xuño", dixo aos xornalistas. A pesar de estaren de traxe, Marcelo Rebelo de Sousa, o ministro da Planificación e das Infraestruturas, Pedro Marques, e o alcalde de Vouzela, Rui Ladeira, calzaron as luvas e comezaron a arrincar eucaliptos.

"Ministro, probe mellor a ver se arrinca á dereita ou á esquerda", dixo Marcelo Rebelo de Sousa a Pedro Marques, obtendo a resposta: "dáme sempre máis xeito á esquerda". O Presidente da República foi subindo o monte e arrincando enerxicamente os eucaliptos, até que chanceou "a miña dereita está máis forte do que a miña esquerda".

Rui Ladeira, que é enxeñeiro forestal, considerou que accións como como estas son fundamentais. "Estarmos aquí a arrincar os eucaliptos e, á súa vez, substituír e colocar especies autóctonas, como carballo, sobreira e castañeiro. É un sinal daquio que debe ser o camiño que debemos facer para o futuro?, defendeu.

Podes ver o vídeo aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

1 Xesús Ateo Recalcitrante

Todo un exemplo para Núñez Feijóo. Claro que hai quen está ao servizo da maioría da poboación procurando a sustentabilidade do medio natural e hai quen ten por obxectivo a procura dos maiores beneficios posibles a curto prazo para as multinacionais mineiras, químicas e papeleiras, aínda que sexa a costa de hipotecar o futuro económico e climático do seu ámbito de gobernanza. Núñez Feijóo e os seus son destes últimos.