A CNT demanda á Xunta polo dereito de consolidación dos empregados públicos

A reclamación colectiva afecta á todo o persoal laboral temporal con antigüidade comprendida entre o 1 de xullo de 1998 e 1 de xaneiro de 2005.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/10/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A CNT presentou conflito colectivo contra a Xunta de Galicia polos dereitos do persoal laboral temporal con antigüidade comprendida entre 1-7-1998 e 1-1-2005. Nesta reclamación colectiva reclámase que todo o persoal afectado polo proceso de consolidación comparta os mesmos dereitos independentemente da súa antigüidade.

Dependencias da Xunta
Dependencias da Xunta | Fonte: FESP-UGT

O proceso de Consolidación, recollido no Convenio colectivo para o persoal laboral da Xunta de Galicia está dirixido ao persoal laboral temporal (por obra) e indefinido con antigüidade anterior a 1-1-2005 e está dividido en dous tramos. No primeiro, para o traballador cunha antigüidade anterior ao 1-7-1998. O proceso consistirá nun concurso de méritos. Actualmente, o persoal atópase equiparado a persoal fixo de convenio e non existe convocatoria.  No segundo tramo, a antigüidade é entre 1-7-1998 e 1-1-2005. O proceso consiste nun concurso-oposición aberto que foi convocado na OPE 2017. 

Desde CNT din que o sentido do acordo foi o de favorecer ao persoal con suficiente antigüidade encadrándoo no tramo 1. “Enténdese tamén que o paso dos anos sen que a Xunta aplicase o acordado fixo que o persoal de tramo 2 teña tamén esa antigüidade suficiente”, apunta nun comunicado.

Por iso, deu inicio o pasado xullo ao trámite do conflito colectivo presentando a reclamación na comisión paritaria. Tras a falta de acordo na comisión paritaria CNT presentou agora no xulgado a correspondente demanda colectiva para reclamar que no proceso de consolidación os dereitos do persoal de tramo 1 sexan de aplicación para o persoal do tramo 2.

Ademais, o sindicato suliña que o resultado desta reclamación colectiva “sería de aplicación para todo o persoal afectado no ámbito do conflito (persoal laboral laboral temporal comprendido entre 1-7-1998 e 1-1-2005), ben de maneira directa para aquelas persoas afiliadas a CNT ou ben, para as non afiliadas, reclamando xudicialmente á súa aplicación no caso de que a Xunta non o fixera de oficio”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta