Temas: GAS 112

Escape de gas en Pontecesures pola rotura dunha tubaxe

O suceso aconteceu durante unhas obras que se están realizando na Avenida de Vigo da vila pontevedresa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/10/2018 | Actualizada ás 14:46

Comparte esta noticia

Segundo informou o 112-Galicia, o suceso ocorreu ao redor das 11,00 horas, á altura do número 12, cando os traballos que se realizaban na parte baixa dun edificio romperon unha tubaxe de gas.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

Até a zona desprazáronse efectivos da Policía Local e Bombeiros de Vilagarcía, membros do GES de Valga e efectivos de Protección Civil de Pontecesures. Ademais, os xestores do 112 informaron da situación ao persoal da empresa subministradora do gas que abastece a zona.

Como consecuencia do escape non se rexistraron danos persoais e tampouco se procedeu ao desaloxo dos veciños do inmoble. Por recomendación dos técnicos, indicóuselles que non acendesen ningún tipo de aparello eléctrico e que permanecesen nas vivendas para evitar calquera situación de risco, ata que as medicións deron negativo.

Temas: GAS 112
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta