As insinuacións de felacións entre a virxe e o apóstolo Santiago nun pregón de entroido chegarán ao xulgado

Foi admitida a querela presentada pola Asociación Española de Avogados Cristiáns contra o humorista e dramaturgo Carlos Santiago. "Houbo cualificativos eróticos e soeces que atentaban contra o Apóstolo, a Virxe María e a Señora do Pilar", denuncian.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 19/10/2018 | Actualizada ás 10:53

Comparte esta noticia

Un xulgado de Santiago de Compostela admitiu a trámite a querela interposta pola Asociación Española de Avogados Cristianos contra o pregón do Entroido na cidade, no que o dramaturgo Carlos Santiago fixo alusións, segundo denuncian, “aos ovos” do Apóstolo e insinuacións sobre felacións da Virxe do Pilar ao santo.

O humorista Carlos Santiago durante o pregón do Entroido
O humorista Carlos Santiago durante o pregón do Entroido | Fonte: republica.com

A presidenta desta entidade, Polonia Castellanos, destacou que postura adoptada polo xulgado “é unha decisión procesual que forma parte do desenvolvemento lóxico da querela, sobre todo nun caso como este onde os indicios son claros”. “Esperamos que haxa unha sentenza condenatoria e que os políticos que fomentan este tipo de delitos asuman as responsabilidades”, dixo.

Nun comunicado destacou que “se estefeitos producíronse noutros países, como Alemaña ou Bulgaria, o castigo sería moito máis severo que en España”. A entidade decidiu querelarse contra o artista Carlos Santiago, por cometer un presunto delito de inxurias, de incitación á discriminación e contra os sentimentos relixiosos.

O pasado mes de febreiro, Santiago foi o encargado de dar o pregón de entroido de Santiago. O seu discurso, segundo a presidante dos avogados cristiáns causou “un importante balbordo na cidade e críticas cara ao Goberno local que dirixe o alcalde, Martiño Noriega”.

Avogados Cristiáns presentou a querela, agora admitida a trámite, ao entender que o dramaturgo difundiu, a través do seu discurso, burlas cara á Igrexa católica e “cualificativos eróticos e soeces que atentaban contra o Apóstolo, a Virxe María e a Señora do Pilar”. “Na praza do Obradoiro, había familias, con nenos pequenos, que comezaron a marchar ao escoitar as ofensas”, indica o comunicado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

1 Marga

Nin sequera saben ónde foi...