O avogado do condenado polo asasinato de Tatiana Vázquez deixa a causa tras un importante "esforzo emocional"

Di que fixo "todo o posible" para demostrar a súa inocencia e deixa "paso a outro compañeiro" en caso de recorrer ao Supremo

Por E.P. | LUGO | 19/10/2018 | Actualizada ás 11:24

Comparte esta noticia

O avogado de Ibrahima N., condenado polo asasinato da moza lucense Tatiana Vázquez en 2016, anunciou que renuncia a continuar coa defensa após un importante "esforzo emocional".

O procesado polo crime de Tatiana Vázquez en Lugo. EUROPA PRESS - Archivo
O procesado polo crime de Tatiana Vázquez en Lugo. EUROPA PRESS - Archivo | Fonte: Europa Press

O anuncio prodúcese o día despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimase o recurso de apelación interposto polo seu defendido, condenado a 25 anos de prisión polo crime da que fora a súa parella, ocorrido en abril de 2016 en Lugo.

Este fallo do alto tribunal galego confirma a condena da Audiencia Provincial, que tamén lle impuxo outros dous anos de privación de liberdade por un delito de violencia habitual no ámbito do fogar.

O avogado defensor, César Lodos, confesou que lle chama a atención a rapidez coa que se emitiu sentenza, en apenas dúas semanas. "Foi visto e non visto. Foi unha sentenza moi rápida", dixo, sorprendido.

Aínda que recoñeceu que aínda non falou co seu cliente, o letrado asegurou que "pola súa parte fixo todo o posible, non só por defender a súa inocencia senón porque se soubese a verdade do que ocorreu".

"Unha cidade como Lugo, que non estamos afeitos a cousas tan atroces como o que ocorreu con Tatiana, gustoume como todo cidadán deica que se coñeceu o que pasou; se hai un culpable, se hai dous, o que queira que ocorreu e puxen todo o esforzo en que fose así", resumiu Lodos.

No entanto, chegada esta situación, considera que "xa chegou o momento de deixar paso a outro compañeiro", no caso de que a causa decida recorrerse ante o Supremo. "Déixoo, é a idea que teño agora mesmo. A miña etapa conclúe hoxe. O esforzo emocional que supuxo este asunto chegoume", engadiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta