Temas: ALCOA A CORUñA

O Comité de Empresa de Alcoa na Coruña, á sociedade galega: "Grazas! Loitaremos e venceremos"

Os traballadores da fábrica de aluminios agradecen o apoio político e cidadán nas protestas que están a desenvolver.

Por E.P. | A CORUÑA | 21/10/2018 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

O Comité de Empresa da fábrica de aluminios de Alcoa na Coruña agradeceu o apoio político e cidadán que recibiu nas protestas que están a desenvolver, despois de que a multinacional norteamericana presentase un ERE extintivo que suporía o peche da fábrica coruñesa e a situada en Avilés.

Manifestación dos traballadores da multinacional Alcoa na Coruña, Galicia. M. Dylan
Manifestación dos traballadores da multinacional Alcoa na Coruña, Galicia. M. Dylan | Fonte: Europa Press

Os respresentantes dos traballadores avanza que estes seguirán "loitando" para evitar a medida, que supón o despedimento de case 700 operarios directos. Así o transmite nun comunicado remitido aos medios de comunicación, no que agradece "o enorme apoio e agarimo recibido na loita", no día despois da manifestación que congregou a preto de 6.000 persoas na Coruña.

En concreto, transmiten o seu agradecemento a "todos os traballadores, incluídas as empresas auxiliares, a ex-compañerios de traballo", aos compañeiros da fábrica de Avilés e das plantas de San Cibrao —que tamén se manifestaron o sábado na Coruña— e "ás coruñesas e coruñeses".

Na mesma liña, trasladan o seu agradecemento a "toda a corporación municipal do Concello, co alcalde á cabeza" e aos "concellos da área metropolitana", así como á "Xunta de Galicia e ao presidente, cargos das distintas administracións, partidos políticos, sindicatos e comités doutras empresas, asociacións e movementos sociais, etc".

Un apoio que destacan que se "se fixo visible na manifestación" deste sábado e que "se se puidese transformar en enerxía eléctrica resolvería o problema —da planta de Alcoa— para sempre e o de todos os consumidores".

Pero ademais, o comité tamén avanza que continuará coas protestas. "Seguiremos loitando e estamos convencidos, agora máis que nunca, se cabe, que con todoo agarimo e apoio que estamos a recibir gañaremos". "Loitaremos e venceremos", proclama.

Finalmente, conclúen pedindo desculpas "se en calquera momento e se durante esta loita" entorpecen "un pouco" e indican que tentarán "no posible facer visible" o seu "grave problema buscando sempre o menor impacto para todos".

Temas: ALCOA A CORUñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta