O BNG abandona o hemiciclo en protesta pola súa "exclusión" do debate do traspaso da AP9 no Congreso

"Ao final van ir a defender unha lei grupos que non cren nela, grupos que estiveron a vetar o debate", apunta Pontón.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/10/2018 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

O Grupo Parlamentario do BNG abandonou este martes o hemiciclo do Parlamento de Galicia en protesta pola súa "exclusión" do debate da proposición de lei de transferencia da AP9 que se realizará no Congreso dos Deputados após o levantamento do veto por parte do Goberno.

O BNG abandona o pleno en protesta pola súa exclusión do debate da AP9
O BNG abandona o pleno en protesta pola súa exclusión do debate da AP9 | Fonte: Europa Press

No arranque da sesión, en cuxo primeiro punto figura a elección dos membros da Cámara galega que se encargarán de defender esta proposta en Madrid, a portavoz do BNG, Ana Pontón, pediu a palabra para mostrar o seu rexeitamento ao que considera unha "pinza" entre PP, En Marea e PSdeG.

"Todos saben que esta lei foi escrita desde a primeira até a última liña polo BNG, demos unha batalla política para que esta lei sortease todas as dificultades que se foron dando, fixémolo con moitísima xenerosidade durante todos estes anos", sinalou.

Neste sentido, Ana Pontón considerou que, "desde un punto de vista ético e democrático", a situación que se dá este martes no Parlamento "non é presentable". "Ao final van ir a defender unha lei grupos que non cren nela, grupos que estiveron a vetar o debate, que son responsables de que subisen as peaxes e outros que nin tan sequera son capaces de condicionar os orzamentos do Estado a que se produza o rescate", censurou.

APOIO CIDADÁN

Os nacionalistas consideran que deberían estar en Madrid, pero o feito de ser a forza minoritaria na Cámara galega --con seis escanos--, fixo imposible un acordo. O certo é que tanto en Marea como o PSdeG -- empatados a 14,escanos--, sempre manifestaron o seu desexo de estar no debate precisamente poloa poio cidadán que teñen e que, alegan, non ten o Bloque. Deste xeito irán a Madrid, un representante do PP, outro de En Marea e outro do PSdeG.

Precisamente, este luns, La Voz de Galicia cargaba contra En Marea e saía en defensa do BNG ao asegurar que os escanos que tiña o Bloque no Congreso na época de Zapatero eran "máis rentables" que os cinco que ten agora En Marea. Un apoio do xornal coruñés ao BNG que non se facía explícito nesa época e que, chega, curiosamente, cando en Madrid, agora, se tenta chegar a un pacto entre todas as forzas de esquerdas e nacionalistas que pretenden boicotear PP e Ciudadanos. Un acordo co que se amosa moi crítico o xornal coruñés.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

5 Venancio

Algo están a facer moi mal no BNG cando Xulio Ferreiro ben podía estar no BNG, Martinho tamén, etc. Poida ser que saiba un pouco os motivos. Tamén padecen de corporativismo e provincianismo. É o que pasa cando non hai unha cidade grande como Barcelona ou unha forte raigame empresarial e sociedades máis ou menos fortes como a vasca. Cando naces nun povo ou cidade minúscula pasan estas cousas. Corporativismo e provincianismo a esgalha. E voto BNG porque son galego. Pero con pinza.

4 Dime quién te defiende...

O parágrafo final é moi esclarecedor: "La Voz de Galicia cargaba contra En Marea e saía en defensa do BNG ao asegurar que os escanos que tiña o Bloque no Congreso na época de Zapatero eran "máis rentables" que os cinco que ten agora En Marea. Un apoio do xornal coruñés ao BNG que non se facía explícito nesa época e que, chega, curiosamente, cando en Madrid, agora, se tenta chegar a un pacto entre todas as forzas de esquerdas e nacionalistas que pretenden boicotear PP e Ciudadanos". http://www.galiciaconfidencial.com/...

1 Vale

Ou dime quen fala mal de ti

3 Per

Nunha cousa teñen razón ,,, o PP sempre se opuxo,,,e as mareas puderono condicionar a aprobar os presupostos e non ir de subordinados.

2 comunista independentista

Como lles gusta facer sempre o ridículo.

1 Esperansa

Para siempre por favor, para siempre...

1 ya esrta bien

como los fascistas como tu esperansa iros para siempre por favor