Funcionarios locais de Neda non atenderon en galego a unha veciña e a queixa chega ao pleno municipal

Segundo o testemuño da veciña, ela pediu ser atendida en galego polos funcionarios, que se negaron. A tenente de alcade, presente no lugar, defendeu a postura dos traballadores muinicipais. O tema trascendeu ao pleno municipal do 22 de outubro pasado.

Por Galicia Confidencial | Neda | 24/10/2018 | Actualizada ás 17:27

Comparte esta noticia

Os feitos sucederon o pasado mes de xuño na véspera de San Xoán, cando unha veciña de Neda acudiu ao concello solicitar permiso para unha fogueira. Contactou primeiramente por teléfono, que ten o contestador automático para atender ofrecendo a posibilidade de facelo en galego. Máis adiante, por motivos do mesmo permiso, foi persoalmente ás dependencias municipais.

Casa do Concello de Neda
Casa do Concello de Neda | Fonte: Wikipedia

“Alí preguntóulles se podían atendela en galego, os funcionarios dixeron que non tiñan por que atendela en galego” din desde MoveNeda, unha candidatura veciñal que fixo eco do caso. “O caso é que buscamos na lei e non existe a obriga de empregar o galego na administración”. Non obstante, Galicia Confidencial consultou á Mesa pola Normalización Lingüística, que apunta na lei de Normalización Lingüística ao Título II, no seu artigo 4.1. “O galego, como lingua propia de Galicia, é lingua oficial das institucións da Comunidade Autónoma, da súa Administración, da Administración Local e das Entidades Públicas dependentes da Comunidade Autónoma”.

Cando a veciña insistiu para ser atendida en galego, “terciou a tenente de alcalde, Ana Rosa Pena, que se presentou como avogada e contestou que os funcionarios non tiñan obriga legal de atendela en galego” din de MoveNeda. A veciña de Neda presentou un escrito por Rexistro no mes de xuño sobre este feito. Desde ese momento non houbo resposta por parte do Concello. “Este luns pasado día 22 de outubro, esta veciña presentouse no pleno e cando tocou rogos e preguntas, expuxo ao alcalde o que lle acontecera”.

O pleno foi gravado e subido á canle de Youtube de MoveNeda. Nos últimos minutos (1:25:30) pode escoitarse como a veciña si expón o que lle acontecera. A resposta do alcalde, “para nós moi correcta” din desde a candidatura veciñal, foi que el non tiña coñcemento do escrito nin do caso, e que lle pedía desculpas sobre o acontecido. MoveNeda indica ademais: “Non nos explicamos como non lle chegou, pero entendemos que todos os escritos non teñen por que chegarlle ao alcalde”.

MoveNeda suliñou que o escrito debera ter chegado ao concelleiro ou concelleira que leva a área de Normalización Lingüística, pero segundo fontes municipais non existe área de Normalización Lingüística neste concello e, por iso, din non lle chegou ningún escrito a ningún concelleiro.

Neste concello coruñés goberna un tripartito PSOE, BNG e Converxencia Galega (CG). O alcalde recoñece que o concello si ten que atender en galego se se lle pide. Logo das palabras do rexedor, síntese a voz da tenente de alcalde, que acousou á veciña de mentir. A isto a veciña respondeu que que sucedería se o acontecido estivese gravado, comentario que foi contestado pola tenente de alcalde pedindo que sacase a gravación. En ningún momento do suceso se poden ver os rostros das dúas persoas protagonistas do incidente.

Galicia Confidencial contactou coa tentente de alcalde de Neda, Ana Rosa Pena. Ás preguntas sobre o acontecido no pleno do 22 de outubro, Pena responde “o que dixen nese pleno está recollido nas actas, sinceramente é un tema que non me merece ningún comentario, o único que vou dicir é que nin a esa señora nin a ninguén lle vou permitir que veña a un pleno calumniar, pero non me merece ningún comentario, sinceramente”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

4 Vecina de Neda

Menuda falta de respeto a la vecina. Convendría recordarle a esa concejala quiénes la han puesto ahí. No sé cómo pudo aguantar la vecina esas formas tan agresivas....recuerda a otros tiempos pasados en que éramos vasallos de la administración

3 mijia

Os funcionarios non teñen obriga de cambiar de lingua, falen en galego ou en español. O que si están obrigados é a garantir que o cidadán sexa atendido na lingua oficial ou cooficial no territorio da súa elección (art. 54.11 do Estatuto básico do empregado público).

1 Uxío

ntre as obrigas INDIVIDUAIS como funcionario da administración galega está garantir a atención ao cidadán na lingua oficial da comunidade que lle soliciten.(Lei 2/2015 do 29 de abril artigo 74 "Deberes Individuais do funcionario público" apartado "s")

2 Un de paso

Sen saber o que puido pasar nese día previo ao San Xoán, o que está claro é que na gravación se comproba que as da tenente de alcalde non son formas de tratar a ninguén, e menos as de dirixirse un funcionario no seu exercicio a un cidadán. Haberá algún tipo de sanción? Este tipo de feitos debería empezar a tomarse en serio.

1 Nedense

Por razóns aclaratorias...non hai àrea de Normalización lingüística na estrutura organizativa do Concello de Neda, polo que meter esa indirecta ao respecto da Concellería que xestiona o BNG e, cando menos, un mísiL desviado na realidade ao respecto da intencionalidade da fonte da nova.

1 Xan Ciño

El despois de 4 anos o BNG no goberno... ainda non hai area de normalización linguística?

2 comunista independentista

Xa haberá ANL cando teñan a necesidade de buscarlle un postiño a algún nugallán da U. Non se preocupen, que a cousa funciona así.