A Arquidiocese de Santiago recadou 19,4 millóns en 2017

A maior parte, o 62% a través dos fieis e da campaña da renda.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 25/10/2018 | Actualizada ás 11:49

Comparte esta noticia

A Arquidiocese de Santiago de Compostela recadou o pasado ano 19.414.000 euros, dos que a maior parte, un 62%, procedían das achegas voluntarias dos fieis e dos contribuíntes que marcaron a X na casa da declaración da renda. En concreto, segundo as contas feitas públicas este xoves polo Arcebispado de Santiago, as achegas voluntarias dos fieis supuxeron 5.719.000 euros o pasado ano, unha media de 4,23 euros por habitante na arquidiocese.

Catedral de Santiago de Compostela
Catedral de Santiago de Compostela | Fonte: Europa Press

Do mesmo xeito, recadáronse uns 6,22 millóns de euros a través da campaña da renda, 2.600.000 euros por ingresos de patrimonio e outras actividades, 1.763.000 euros por outros ingresos correntes e 1.105.000 euros a través de recursos extraordinarios. As necesidades de financiamento foron de 2.007.000 euros.

En canto aos gastos, o montante máis elevado do pasado ano foi para accións pastorais e asistenciais (tales como Cáritas, celebracións litúrxicas, catequeses, cursos ou a escola de axentes de Pastoral), que necesitaron 4.591.000 euros. Case a mesma cantidade (4.457.000 euros) foi para a retribución do clero e unha cifra similar (4.435.000 euros) destinouse a novos templos, programas de rehabilitación e outros empregos extraordinarios.

A conservación do patrimonio e os gastos de funcionamento dos edificios necesitaron 3.626.000 euros e a retribución salarial doutros traballadores, 1.653.000 euros. Algo máis de 600.000 euros foron para as achegas aos centros de formación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta