O PP vota en contra de pedir a liberdade de movemento do alcalde italiano detido por axudar a inmigrantes

Ángel García Seoane acusa ao PP de "branquear" as políticas de extrema dereita do novo goberno italiano.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 26/10/2018 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Todos os grupos da Deputación da Coruña, agás os populares, aprobaron unha moción de Alternativa dos Veciños que pide á embaixada italiana a liberdade de movemento para Domenico Lucano. Este rexedor de Riace en Italia, estivo preso ata a semana pasada, acusado de favorecer a inmigración ilegal. Actualmente non se lle permite volver ao municipio no cal goberna.

Domenico Lucano, alcalde de Riace, rodeado de inmigrantes
Domenico Lucano, alcalde de Riace, rodeado de inmigrantes | Fonte: republica.com

Segundo Ángel García Seoane, voceiro do grupo provincial de Alternativa dos Veciños, o PP xustificou este voto “acusando a Lucano de criminal” e atacando ao Concello de Oleiros pola súa campaña de apoio a Riace nos paneis informativos. Ante estas acusacións, o alcalde de Oleiros respondeu poñendo de manifesto as políticas de extrema dereita levadas a cabo en Italia e que o PP, dixo, está a “branquear”.

“Hai un alcalde que está sendo procesado por salvar vidas humanas, por instalar a familias enteiras no seu municipio e salvalo. Pero tampouco me estraña nada a actitude do PP, desgraciadamente, xa que está a derivar cara á extrema dereita máis semellante á que está a rexurdir en Europa”, dixo.

DETENCIÓN POLÉMICA

Domenico Lucano, é docente e desde a década de 1990 adicouse ao activismo polos dereitos humanos. Converteuse no alcalde de Riace en 2004, sendo reelixido en 2009 e 2014. Significouse polo seu formar de tratar aos refuxiados xa que, como alcalde, permitiu asentarse a 450 refuxiados entre os 1800 habitantes da localidade, revitalizándoa e evitando o peche do colexio local.

Foi incluído pola revista Fortune como un dos líderes máis importantes do mundo en 2016. E, a pesar diso, o novo goberno italiano, detívoo en outubro de 2018 e acusouno de de favorecer a inmigración ilegal, e foi posto baixo arresto domiciliario.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta