Feijóo ataca ós que "cuestionan" a Transición e avisa para "non equivocarse de aliado"

O presidente da Xunta de Galicia reivindicou o "legado" da Constitución de 1978 para crear un país "aberto" e "moderno" e criticou que xeracións que se desenvolveron en democracia se permitan "o luxo" de cuestionar os acordos adoptados naquel momento, instando a afastarse da "inestabilidade" e "da ruptura".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2018 | Actualizada ás 15:09

Comparte esta noticia

O presidente do Goberno galego así o expuxo na inauguración en Santiago de Compostela da exposición itinerante '40 anos de España en democracia', impulsada polo Congreso dos Deputados e a Axencia EFE, nun acto no que tamén estivo presente a presidenta da cámara baixa, Ana Pastor, e o presidente do Parlamento galego, Miguel Ángel Santalices.

Alberto Núñez Feijóo e Ana Pastor, en Santiago de Compostela
Alberto Núñez Feijóo e Ana Pastor, en Santiago de Compostela | Fonte: Europa Press

"As xeracións que nos desenvolvemos nun país de liberdades consolidadas non temos ningún dereito a mirar polo retrovisor e pensarmos en dar volta, desandar o camiño, sen aclarar cal sería a ruta alternativa", proclamou o presidente da Xunta de Galicia.

Feijóo resaltou que as fotografías da exposición, que se pode ver na Avenida de Xoán XXIII, son a mostra de que o camiño iniciado en 1978 conduciu a un "país aberto, moderno e partícipe das grandes correntes da historia", cun "espertar democrático" que "non levou a España ao aislacionismo e á xenofobia", senón que traduciu nunha apertura e nun desexo de participar nos pobos e nacións do mundo.

Con todo, alertou de que no mundo e na España de 40 anos despois segue estando presente a "confrontación" entre "tendencias democráticas e autoritarias" e entre as identidades "que unen e as que rompen e separan".

Así, asegurou que "non cumpriría co seu deber", se non "advertise" de que España carece na actualidade dunha elección clara desta "dicotomía" e arremeteu, sen citalos expresamente, contra PSOE e Podemos, facendo un chamamento a que a imaxe actual do país non sexa a de "líderes negociando presupostos nunha prisión".

"Imaxinemos por un momento unha exposición similar a esta dentro de 40 anos. Que foto elixiriamos para representar a actualidade que vivimos nos nosos días? Na nosa man está evitar que esa foto sexa a de políticos fuxidos ou encarcerados por incumprir a Constitución, a de líderes negociando presupostos nunha prisión, ou a de debates nos que calquera acordo entre maiorías parece unha película de ciencia-ficción", suxeriu.

No entanto, Feijóo agregou que "ten a esperanza" de que o que definiu como "frustrante panorama político" actual "non é representativo da maioría dos españois". "Se España fose como parece ao ouvir á moitos políticos, estaría perdida, pero eu creo profundamente no noso país", concluíu.

Instou así a "seguir o exemplo da xente", que continúa con "a democracia", que "segue coa apertura", "cómoda coas identidades que aproximan a todos". E pediu ao resto de administracións do Estado que non se equivoquen "de aliado": "Non nos equivoquemos de aliado, afastémonos da inestabilidade, afastémonos da frivolidade e afastémonos da ruptura". Lembrou que en 1978 había "aínda máis ruído que hoxe", pero os "políticos foron xenerosos e pensaron no interese común". "Imos dilapidar ese legado? Galicia desde logo que non", proclamou.

Na súa intervención, Feijóo defendeu así o "legado" dunha Constitución que permitiu que España non se instalase nos territorios que "se miran de esguello internamente", senón que se crearon "puntos de conexión fraterna, algúns tan importantes como o Estado de Benestar", e unha concepción aberta do Estado, lonxe "dun férreo centralismo", "como demostra que as comunidades gozan hoxe da maior capacidade para autogobernarse da historia".

No entanto, Feijóo afirmou que resultaría incompleto concretar o logro da democracia só nunha data ou nunhas persoas determinadas, destacando que "o maior protagonismo é dos españois", porque a Constitución que incorpora as sensibilidades da Unión de Centro Democrático, do PSOE, de Alianza Popular, do Partido Comunista de España e do nacionalismo vasco e catalán, sería "imposible sen o acordo da cidadanía".

Nesta liña, subliñou que "os pais da Carta Magna foron portavoces dun sentimento unánime e realmente poderoso, a necesidade de afastar a ira e o enfrontamento", pese que á Transición non se chegou "sen mochila", co "recordo do terrible fraticidio" do país e co "medo" de que as ansias da democracia se viran "frustradas". "A memoria histórica ten que ser completa, temos que ter sempre presente a desgraza da Guerra Civil, a desgraza da ditadura, pero non esquezamos que houbo unha reconciliación histórica, e isto non debemos rompelo nunca", remarcou na súa intervención.

ANA PASTOR REIVINDICA Os "GRANDES ACORDOS" Á MARXE DAS "PARCIALIDADES IDEOLÓXICAS"

Pola súa banda, a presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, reivindicou o "avance xuntos nos 40 anos", o que se conseguiu "en todos os ámbitos", pondo o acento no logrado "polas mulleres". Defendeu o "pacto" construído, con "grandes acordos" cos que se deixaron de lado "as parcialidades ideolóxicas".

Ana Pastor, nunha intervención na que enxalzou unha Constitución que permitiu o avance cara á "lexítima aspiración democrática" da Autonomía de Galicia, encomiou tamén aos "pais da Constitución", entre eles, apuntou, o expresidente da Xunta, Manuel Fraga. A presidenta do Congreso destacou que as imaxes da mostra --nas que se pode ver de Penélope Cruz recollendo o Óscar até as manifestacións de 'mans brancas' contra ETA-- reflicten o "salto cualtivativo" logrado cunha Constitución que permitiu construír unha "historia conxunta de liberdade e progreso", "cheas de significado". "As imaxes que se exhiben nesta mostra buscan mover nesta mostra os máis nobres sentimentos que debe inspirarnos este país e a contemplación da historia e os seus logros", remarcou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta