O número de incidencias en Galicia durante a madrugada foi de cincuenta por neve, xeo e caída de árbores

As redes viarias primaria e secundaria foron as que rexistraron a totalidade destes sucesos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2018 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

A provincia de Lugo foi, con diferenza, a provincia máis afectada, co maior número de intervencións debido ás dificultades que se atoparon moitos condutores para continuar a súa ruta en diversos puntos, entre eles, na A-6 ao seu paso polo Corgo, onde quedaron parados varios camións, e Pedrafita do Cebreiro, en ambos os sentidos da circulación.

Nevada este domingo 28 de octubre en Mondoñedo
Nevada este domingo 28 de octubre en Mondoñedo | Fonte: Europa Press

Nestes puntos, segundo informa a Garda Civil de Tráfico mantense o nivel amarelo pola aparición de nevadas. Na A-6. entre os quilómetros 479 e 431 recoméndase circular con precaución e está prohibido o tránsito de camións e articulados, desde as 04,38 horas. Tamén chegou a activarse de madrugada o nivel vermello na LU-636 (Sarria- Becerreá) do km. 21 ao 30 e, desde as oito e media da mañá, na LU-633 (Pedrafita do Cebreiro-Alto do Hospital) do km. 0 ao 21.

Igualmente, houbo problemas na LU-530 na Baqueriza, no tramo Lugo-A Fonsagrada e en O Cerredo; na LU-701 en O Acevo, no límite da Fonsagrada con Asturias, en Barbeitos; na LU- 721 entre Baralla e O Cádavo; na LU-730 na Fonsagrada; na LU-740, na LU-750 e LU-751, en Meira e Alto do Couso, respectivamente. Neste punto estivo a traballar persoal de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas. Do mesmo xeito, contabilizáronse algúns incidentes por mor da neve na PO-533 ao seu paso por Lalín.

Ademais, o 112-Galicia indica que a este medio centenar de incidentes rexistrados durante a madrugada hai que engadir outras tantos contabilizados nas últimas horas do sábado. Así, suman un total dun centenar de incidencias causadas polo episodio de meterología adverso desde o aviso da Axencia Estatal de Meteoroloxía.

ALERTA LARANXA NA COSTA E AMARELA POR NEVADAS

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activou a alerta laranxa polo temporal costeiro que afectará o noroeste e oeste da provincia da Coruña, desde as 4,00 horas deste 28 de outubro, por mar combinado do noroeste con ondas que poden alcanzar os 5 metros.

Así mesmo, na súa páxina web, Meteogalicia fai constar un aviso amarelo por acumulación de neve en zonas altas, desde as 12,00 do sábado, que se prolongará durante todo o domingo, na zona da montaña de Lugo, onde se prevé que se produzan acumulacións superiores aos 5 centímetros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta