Detectados os principais problemas para loitar contra a praga das velutinas

Diferentes asociacións pídenlle á Xunta que tome un papel máis activo na erradicación da avespa asiática.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/10/2018 | Actualizada ás 13:46

Comparte esta noticia

A Plataforma Stop Velutina reunía este mes a preto de 50 organizacións de varios sectores unidos na loita contra a Vespa velutina, e un grupo de investigadores e investigadoras das tres universidades galegas para tratar esta situación.  

A avispa invasora 'vespa velutina'. CARLES LOPEZ BUSTINS
A avispa invasora 'vespa velutina'. CARLES LOPEZ BUSTINS | Fonte: UNIÓ DE PAGESOS - Archivo

Nesta xuntanza quedou claro a necesidade de buscar novos métodos para mellorar os sistemas actuais de loita e atopar novas ferramentas máis eficaces e selectivas, que poidan controlar a expansión e reducir os efectos negativos que produce a Vespa velutina sobre a saúde pública, medioambiente e actividades productivas do sector primario.

A conclusión foi que, a pesar de que existen avances na investigación, faltan recursos e financiación para continuar co traballo e chegar a plasmarse en métodos eficaces de control da praga. Acordouse, polo tanto, acudir á administración galega a solicitar estas axudas para a investigación a través da Consellería de Medio Ambiente e para cubrir os gastos derivados de protexer as colmeas, como por exemplo coa instalación de trampas eléctricas nos colmeares, a través da Consllería de Medio Rural.

Con motivo de tratar estas propostas, o colectivo solicitou unha reunión urxente coa Conselleira de Medio Ambiente e de Medio Rural. Unha proposta que materializarán este mércores coa súa presentación no rexistro xeral da Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta