Abel Caballero, Rueda e responsables da Autoridade Portuaria, chamados a declarar na comisión do Marisquiño

O accidente ocorreu en agosto deste ano durante a celebración do festival onde 467 persoas resultaron feridas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/10/2018 | Actualizada ás 16:09

Comparte esta noticia

Así o recolle o plan de traballo que este mércores saíu adiante no seo da comisión parlamentaria que agora poderá arrincar coas comparecencias. As persoas chamadas a acudir teñen a obrigación legal de facelo, pero está por ver se os cargos dependentes da Administración do Estado acoden ao Parlamento, xa que no caso da investigación sobre a fusión das caixas e participacións preferentes non asistiron apoiados por informes xurídicos.

Accidente no Marisquiño
Accidente no Marisquiño | Fonte: twitter

Á marxe do plan de traballo, os portavoces do BNG, En Marea e PPdeG mostráronse moi críticos coa ausencia do PSdeG, que abandonou a comisión por entender que só busca facer "campaña electoral" por parte dos grupos políticos que en Vigo teñen "resultados mediocres".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Hai outra Comisión de Investigación que aportaría moita máis luz sobre os intereses inconfesabeis que ocultan os dous de sempre en Vigo ! Concesións que Privatizan a Cidade e convirten os bens públicos en negocios privados! Esta comisión de investigación alguén vai ter que facela antes de que non quede nada que privatizar !!! https://i.gal/VigoDenuncia