Caballero cre que o Parlamento galego vulnera a Constitución ao "obrigar" a deputacións a presentar as súas contas

Defende a Carmela Silva por non acudir á Cámara.

Por E.P. | VIGO | 02/11/2018 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, denunciou este venres que o Parlamento de Galicia "vulnera a Constitución" ao seguir unha lei que "obriga" aos presidentes das deputacións a comparecer para presentar as súas contas.

Abel Caballero, alcalde de Vigo
Abel Caballero, alcalde de Vigo

Así o manifestou en rolda de prensa o rexedor olívico, quen saíu en defensa da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que se negou a comparecer para presentar os orzamentos da institución provincial ante a Cámara galega.

Abel Caballero proclamou, "como presidente da FEMP", que as entidades locais e deputacións teñen "unha autonomía que lles outorga a Constitución, no título oitavo, artigo 137", e advertiu de que o Parlamento "vulnera" dita autonomía, recollida na Carta Magna.

O alcalde de Vigo, quen sinalou que "o goberno de Feijóo tennos afeitos" a vulnerar a Constitución, reivindicou a autonomía das deputacións, que só deben render contas, aseverou, "diante dos seus plenos".

Pola súa banda, a presidenta da institución provincial, Carmela Silva, eludiu facer valoracións, após facerse pública a súa negativa a comparecer no Parlamento. No entanto, a través do seu perfil na rede social Twitter, emitiu unha mensaxe: "Son os e as valentes quen cambian o mundo. Sempre ten que haber unha pioneira ou pioneiro dicindo NON ás imposicións. O poder é do pobo, non de quen o xestiona. XA ESTÁ BEN!!!!".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Gamela

Quen está a vulnerar os dereitos constitucionais é un alcalde que permite botar 3 menores á rúa sen siquera atendelos ... https://www.noticiasvigo.es/desafiu...

2 Gamela

Se o poder é do pobo... a min ninguén me consultou se quería malvender 40 pisos de propiedade municipal en Vigo, ninguén me preguntou se quería malvender o Hotel Samil por 2 millóns de euros de miseria! E ninguén me preguntou se quería PRIVATIZAR os mellores lugares públicos para que os amiguetes de Abel & Carmela fagan negocios privados !!! https://i.gal/VigoDenuncia Se o estiman oportuno poderían dar explicacións no Pleno do Concello pero tampouco o fan... Seica estamos de volta no CAUDILLISMO LOCAL!

1 Falemos galego

Que ideia tão ridícula para uma administração, ter que presentar as contas. Ata aqui poderíamos chegar! Vamos ver se ata vai ser necessário rematar com os chiringuitos. Certo que é uma brincadeira ver a Xunta pedir contas, que doado é pedir e que difícil e rendê-las. Vergonha!