Berro de protesta contra un proxecto eólico que danará os cabalos e o medio natural de Sabucedo

Denuncian que o Proxecto Eólico do Pico Touriñan destruirá o medio natural dos cabalos e afectará a unha tradición secular.

Por Galicia Confidencial | Sabucedo | 03/11/2018 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Non ao Proxecto Eólico do Pico Touriñán, entre os concellos da Estrada, Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro. Ese foi o unánime berro que se escoitou no manifesto lido este sábado durante os actos centrais do IV MUSA, Muiñada, Magosto e Samaín de Sabucedo.Un Non rotundo a un proxecto promovido por Enel Green Power España, S.L. e autorizado pola vía de urxencia pola Xunta de Galicia tal e como xa informou GC.

Nun comunicado conxunto, a Asociación A Rapa das Bestas de Sabucedo e a Asociación Veciñal de Sabucedo amosaron a súa oposición e rexeitamento ao proxecto de construción dun parque eólico nos montes da zona pola súa afección aos montes onde habitan os cabalos do Santo e aos valores ambientais, paisaxísticos e turísticos da zona.

Así, denuncian que este parque eólico destruirá as áreas de pastoreo, mananciais, zonas de cría, bebedoiros e camiños de paso dos cabalos e "atentará" contra unha tradición secular. "Unha prezada singularidade dos montes galegos que se atopa en perigo de non tomarse as medidas axeitadas e, por suposto, máis grave será se o seu territorio vese invadido coa instalación de parques eólicos que mudarán radicalmente o seu hábitat", apunta o manifesto.



Manifesto: IV MUSA de Sabucedo
(Lectura a cargo do veciño e aloitador Míchel Touriño)

Sabucedo, 3 de novembro de 2018.- O 30 de Agosto de 2018 publicouse no DiarioOficial de Galicia a Resolución (con data de 26 de xullo de 2018), da Dirección Xeral
de Enerxía e Minas, pola que se outorgan as autorizacións administrativas previas e de construción ao parque eólico Pico Touriñán, situado nos concellos da Estrada, Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro e promovido pola sociedade Enel Green Power España, S.L

Dende a Asociación A Rapa das Bestas de Sabucedo presentáronse recursos e alegacións nos que, en síntese, se manifesta que o proxecto do parque eólico non ten en conta a necesidade de protección do patrimonio vexetal, animal, etnolóxico e arqueolóxico existente na zona afectada. En concreto, ponse de manifesto o impacto que xerarían as instalacións do parque eólico sobre a Festa de Interese Turístico Internacional coñecida como A Rapa das Bestas. Nin tan sequera considera o “alto risco de incendios” que supoñen os parques, tanto no relativo aos lumes xerados polas propias turbinas, como por aparato eléctrico ou lóstregos atraídos polos aeroxeradores.
Así pois, cremos imprescindible que as administracións protexan os montes que rodean Sabucedo, onde conviven patrimonios naturais, culturais e etnográficos.

En Montouto habitan as greas de eguas e cabalos que conforman a cabana de San Lourenzo de Sabucedo, cerne básico da tradición singular da Rapa das Bestas, Festa
de Interese Turístico Internacional.

Se nestes montes se autorizan actuacións indiscriminadas que acurten as áreas de pastoreo, que destrúan mananciais, zonas de cría, bebedoiros e camiños de paso
estase a atentar contra a propia tradición. De feito, os équidos que habitan esta zona dende tempos inmemoriais son cualificados polo prestixioso especialista Felipe
Bárcena como de "interese natural único"... unha prezada singularidade dos montes galegos que se atopa en perigo de non tomarse as medidas axeitad

Primeiro cabalo de Sabucedo cun GPS instalado.
Primeiro cabalo de Sabucedo cun GPS instalado. | Fonte: Asociación Rapa das Bestas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 José

Como non se empreguen argumentos reais e máis eficaces o parque eólico ten alfombrado o seu camiño. Ide á serra do Xistral, que é onde máis tarabelos hai, e poñédevos a contar bestas pacendo debaixo dos muiños.