Esquerda Unida confirma que existen conversas para crear unha candidatura alternativa a Villares

A súa coordinadora nacional, Eva Solla, aposta por listas pechadas, a diferencia da proposta feita por Compostela Aberta, para integrar as distintas correntes, é dicir, EU, Podemos ou Anova.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/11/2018 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

A deputada de En Marea no Parlamento galego e coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, defende que "cada candidatura" ao Consello das Mareas --máximo órgano de decisión entre plenarios-- "debe representar un programa" político.

Eva Solla en rolda de prensa na sede do Grupo Parlamentario de En Marea.. Europa Press - Archivo
Eva Solla en rolda de prensa na sede do Grupo Parlamentario de En Marea.. Europa Press - Archivo | Fonte: Europa Press

Así o manifestou a parlamentaria nunha entrevista este sábado á Radio Galega, na que eludiu responder se os críticos coa actual dirección, encabezada por Luís Villares, promoverán unha candidatura conxunta. Neste contexto, Solla asegurou que "agora están a empezar a traballar ao redor dunha proposta que entenda como debe articularse este espazo e, en función desas alianzas, construír a lista, e non ao revés".

Ademais, a deputada recoñeceu que é favorable ao modelo das listas pechadas e proporcionais promovidas pola actual coordinadora e que finalmente resultaron elixidas o plenario do pasado sábado fronte ao modelo aberto que defendían os críticos. Así, cre que "cada candidatura debe representar un programa, unha proposta política", algo que "é moito máis fácil facer cando se presenta unha candidatura completa".

Respecto ao posible cambio na portavocía do grupo parlamentario se Villares perde a portavocía de En Marea, Solla pide "diferenciar entre o partido en si" e "o grupo parlamentario, que dentro do seu seo ten autonomía para funcionar". "O traballo do propio grupo (...) corresponde á propia decisión e ao traballo do grupo", abundou para despois engadir que este labor "non" se realiza "de costas ao que suceda no partido" senón "dentro do que sexa máis óptimo á hora de facer o traballo de defender aos galegos e galegas no Parlamento".

O PLENARIO

Así mesmo, a coordinadora nacional de Esquerda Unida admitiu que a imaxe do plenario do sábado "non foi positiva" porque "á xente non lle gusta este tipo de visións de pelexa ou de discusión interna".

"Unha cousa é o diálogo fraterno e outro a confrontación crispada", aclarou Solla, á vez que desestimou as críticas da deputada no Congreso Alexandra Fernández (Anova), quen esgrimiu que o grupo de En Marea era un "satélite" do Grupo Confederal de Unidos Podemos.

Neste sentido, Solla expresou que é "bastante triste" que "se tenten trasladar opinións internas a un posicionamento externo". "O traballo seguramente se pode mellorar, pero eu creo que non existe ese problema de división", sentenciou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

9 Gamela

Felices Festas a tódalas persoas de Boa Vontade !!! https://cabozo.com/taboext.php?grup...

8 Gamela

Qué fai Esqueda Unida en Vigo (?) https://www.noticiasvigo.es/desafiu... Os tres menores irán á rúa pero Rubén Pérez xa presentou a súa Candidatura para outros catro anos tocando o nabo !!! http://xornaldevigo.gal/politica/12... VERGOÑA !!!

7 Gamela

Así sen darlle demasiadas voltas semella que o sistema promocionado por Pablo Echenique para elixir Consello Cidadán Autonómico de Podemos en Galicia ben podería aplicarse directamente ao Consello de En Marea !!! (se miramos o exemplo de PodemosGalicia sairon 18 / 12 membros de ámbalas dúas listas presentadas!) https://ac3-galicia.podemos.info/re... O malo é que En Marea non ten asumida democracia interna algunha e hoxe por hoxe aínda estan na fase dos PESOEIROS (herdanda da política partitocratica de sempre!) // A ver se avanzan dunha vez... ou morren de aburrimento (?)

1 Gamela

Non sei por que falla este enlace...? https://ac3-galicia.podemos.info/re... Pero é importante comprobar que o método permitiría convivir "democráticamente" ás diversas correntes de En Marea (sen matarse moito) ?

2 Centroeuropeo

Iso ou elixir polo número de "likes" en Facebook. Posturocracia.

3 Gamela

Unha cousa curiosa son os 4 representantes dos Círculos (o máis votado con 53 votos un tal Charli sería interesante facerlle unha entrevista no GC) https://ac3-galicia.podemos.info/re...

4 lóstrego

Pero ti aínda te cres todo iso dos círculos e o baile do hula hop

6 Marga

Moitas grazas, sr ou sra moderadora, e até nunca. Seguide así.

5 lóstrego

Ou de como partillar as faragullas.