Gómez-Reino confirma que Podemos estará no "centro do cambio" de En Marea

Ao igual que fixeron antes EU, Compostela Aberta, Ferrol en Común e a Marea Atlántica, recomendalle a Villares que "reflexione" tras perder a asemblea da pasada semana e pide facer "autocrítica" e "falar máis dos problemas dos galegos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/11/2018 | Actualizada ás 18:18

Comparte esta noticia

A situación interna de En Marea, lonxe de calmarse, semella que se está a convertir unha telenovela política. O último en falar foi o secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino, que aínda que recomendou criticar menos e traballar máis, tivo tempo tamén de mandar algún recado ao líder de En Marea, Luís Villares, e, de paso, facer anuncios importantes como que a formación morada estará "no centro do cambio" de En Marea.

Antón Gómez-Reino, nunha entrevista para a Cadea Ser. CADENA SER
Antón Gómez-Reino, nunha entrevista para a Cadea Ser. CADENA SER | Fonte: Europa Press

Isto significa que Podemos tamén participará directamente dos órganos internos do partido instrumental. Unha mensaxe que supón un cambio de rumbo importante na actuación da súa formación xa que, ate agora, estaba ausente das decisións de En Marea, na que participaban só algúns dos seus militantes.

O novo secretario xeral de Podemos en Galicia explicou que é "fundamental" que o partido morado "se reivindique e se responsabilice de estar no centro do cambio" tanto en En Marea como nas candidaturas municipalistas. Así mesmo, subliñou que a formación que dirixe "ten que ser autónoma" con respecto a Podemos a nivel estatal.

Nunha entrevista na Cadena Ser, o tamén deputado no Congreso explicou que a súa ausencia no plenario do 27 de outubro se debeu a "cuestións de ámbito persoal". "En todo caso, aspiro a que un espazo político como Podemos non necesite que estea o seu secretario xeral para que participe", dixo.

ESPAZO "GRANDE"

Gómez-Reino aposta por "agrandar o espazo político" de En Marea para que "se some máis xente" e os partidos "estean cómodos", pero sobre todo as mareas municipalistas, pezas "fundamentais" do "cambio político". "A xente non nos pide que fagamos un partido clásico, a xente pídenos que fagamos iso, unha marea, un espazo onde todo o mundo estea cómodo e some maiorías, porque é imprescindible que agrandemos posicións e sumemos a máis xente se queremos desprazar ao PP da Xunta", reivindicou.

Con todo, na asemblea, militantes de Podemos apoiaron as listas fechadas, que tamén defendeu Luís Villares, en contra da proposta de Martiño Noriega que apostaba por listas abertas e, polo tanto, un formato diferente ao dos partidos tradicionais. Con todo, e a pesar de non apoiar o modelo de listas abertas, Gómez-Reino insistiu que En Marea non se pode converter nun "partido convencional" e pediu aos seus colegas que fagan "autocrítica" e "falen máis dos problemas dos galegos" e "menos" de cuestións internas", aínda que admitiu que "iso é imposible".

CRÍTICAS A VILLARES

Pero, ao tempo que pedía iso, tamén aproveitou para mandarlle un recado a Luís Villares a quen lle pedíu que "reflexione" tras o plenario do partido instrumental, celebrado o sábado 27 de outubro, no que os críticos coa dirección sacaron adiante a maioría das súas propostas.

"Cando un dirixente, nun proceso interno, as súas teses non son referendadas pola maioría senón ao contrario, o que ten que facer é reflexionar", abundou nunha entrevista concedida este domingo á Cadena Ser.

Así, o recentemente electo líder do partido morado na Comunidade celebrou o "bo traballo" de Villares á fronte da portavocía do grupo do Parlamento de Galicia, aínda que cre que "sempre é unha posibilidade" que o xuíz lucense abandone a cabeza da formación se perde as primarias ao Consello das Mareas, previstas para principios de decembro. "Despois da asemblea do pasado sábado, toca reflexionar, sobre todo a Luís e á xente que o acompaña, e estou seguro de que o están facendo", expresou.

GRUPO EN MADRID

Con todo, a súa compañeira na Cámara baixa Alexandra Fernández (Anova) si compareceu na asemblea, fundamentalmente para criticar que En Marea é, en Madrid, un "satélite" do Grupo Confederal Unidos Podemos.

Respecto diso, Gómez-Reino valorou que "todas as opinións son lexítimas", á vez que afirmou que o grupo parlamentario "toma decisións colectivamente" e "con portavocías diversas que representan ás diferentes formacións".

Tras a súa elección hai menos de dúas semanas como secretario xeral de Podemos Galicia, Gómez-Reino dixo sentir "un total e escrupuloso respecto" sobre a outra candidata a liderar a formación morada na Comunidade, a tamén deputada no Congreso Carolina Bescansa, a quen lembrou que "as portas as vai a atopar sempre abertas" porque --engade--, é unha persona "que ten moito que aportar ao cambio político".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Anovo Reanovado

No 2015 Iniciativa pola Unión e Encontro pola Marea Galega tentaron construír unha candidatura galega unitaria e foron vetadas pola casta dirixente de Podemos, IU e Anova. No 2016 os deputados de En Mara nas Cortes integraron o grupo de Unidos Podemos no canto de optar, canda Compromìs, por cumprir co seu electorado. Na sede de Podemos de Madrid hai máis de cen liberados, financiados tamén cos votos galegos.

1 Gamela

o problema é que tamén en Galicia existe unha lista moi longa para se converter en liberados da nova política (?) e os que van en cabeza son os artistas de EU (?) Eva Solla & Rubén Pérez a ver se pillan casa na Illa de Arousa (a carón do Pepe Blanco) https://i.gal/gamela15 // O triste do conto é que non hai moito onde elixir (?)

3 Gómez-República

A por Villares Tone a por Villares o é o é o é que? Vas facer as xuntanzas nos Alpes suízos?

2 Gamela

Outro que fala RARO... / Bastaría pactar listas ABERTAS e un sistema de votación para En Marea similar ao "Desborda" / O Censo non pode estar nas mans de Mario López Rico // https://ac3-galicia.podemos.info/re... ¿A que non hai collóns?

1 lóstrego

Si home si, o que queiras. Pff que pesao