O presidente do Parlamento explica os mecanismos para a participación cidadá na Cámara

Miguel Santalices participou este luns nun coloquio con integrantes do Real Aeroclub de Santiago de Compostela aos que explicou os diferentes xeitos habilitados pola Cámara autonómica para achegarse á cidadanía.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2018 | Actualizada ás 20:23

Comparte esta noticia

Así, Santalices deu a coñecer que a Lei de iniciativa lexislativa e participación cidadá, aprobada en 2015, ampliou as posibilidades existentes até entón e reduciu os requisitos exixibles.

Coloquio de Santalices sobre o Parlamento no Aeroclub de Santiago. PARLAMENTO DE GALICIA
Coloquio de Santalices sobre o Parlamento no Aeroclub de Santiago. PARLAMENTO DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Na actualidade, a participación cidadá no Parlamento pode materializarse a través de cinco modalidades diferentes, como son: proposicións de lei de iniciativa popular, participación popular na elaboración de leis, proposición non de lei de iniciativa popular, propostas de preguntas ao Goberno e dereito de petición ante o Parlamento de Galicia.

O presidente da Cámara apuntou que, ademais de apoiar a participación popular, a Cámara galega está inmersa nunha estratexia de apertura da institución nunha dobre dirección. "Que a cidadanía a visite, coñeza a sede do Lexislativo galego e tamén que deputados teñan unha maior presenza na sociedade", apuntou.

O coloquio deste luns, do mesmo xeito que outras charlas e conferencias que o precederon, enmárcanse na aposta da Cámara por incrementar a súa proxección exterior.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

Outra brincadeira, quantos projetos cidadãos chegarom a debater-se na câmara? Acaso é que os parlamentários não nós representam? De verdade esta é a função do presidente do parlamento? De seguro que compartiram um bom jantar.