Os encoros galegos a menos da metade da súa capacidade total

Isto é o que se sabe segundo os datos feitos públicos este martes polo Ministerio para a Transición Ecolóxica.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/11/2018 | Actualizada ás 17:48

Comparte esta noticia

Os encoros galegos perderon 49 hectómetros cúbicos de auga con respecto a hai unha semana e sitúanse no 46,9% da súa capacidade total.

Encoro.
Encoro.

En concreto, os encoros da conca Miño-Sil conteñen 1.383 hectómetros de auga embalsada, un 45,6% do total; mentres que os de Galicia Costa, que se manteñen estables, están ao 52,5%, con 359 hectómetros cúbicos embalsados.

Ambas as cifras sitúanse por encima dos datos rexistrados en ano anterior, aínda que por baixo da media dos últimos 10 anos, que foi de 1.582 hectómetros cúbicos para os encoros de Miño-Sil e de 384 para os de Galicia Costa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Guau4tHg

Teñen fugas logo?

1 Pai Miño

Si, por exemplo os 200 m3/s que pasan de auga polas turbinas tipo Francis do encoro de Belesar máis outros 20 m3/s na que se puxo no 2016 tamén de tipo Francis reversible. Serven para encher eles os petos de cartos e que tu te quedes mirando a velas vir e soltar un chiste para que lles dea a risa...

2 anonimo

Boeno, as hidroeléctricas pagan o IBI aos concellos onde teñen os encoros. Ainda que eso non se publicite porque non interesa.