O eucalipto pode rematar con poboacións da Píntega Galega e o Caracol de Quimper

Lidia Senra denuncia ante a Comisión Europea que a corta de fragas e a eucaliptización son incompatibles coa Directiva de Hábitats.

Por Galicia Confidencial | Bruxelas | 06/11/2018 | Actualizada ás 17:54

Comparte esta noticia

A eurodeputada galega Lídia Senra denunciou este martes na Comisión Europea (CE) o perigo ao que se están vendo sometidas por culpa da eucaliptización no concello da Laracha (A Coruña) especies como a Píntega Galega ou Rabilonga (Chioglossa lusitanica) e o Caracol de Quimper (Elona Quimperiana), que están protexidas polo Convenio de Berna relativo á Conservación da Vida Silvestre e do Medio Natural en Europa. 

Píntega Galega ou Rabilonga, en perigo na Laracha por mor do eucalipto
Píntega Galega ou Rabilonga, en perigo na Laracha por mor do eucalipto | Fonte: Lidia Senra

Senra rexistrou en Bruxelas un escrito dirixido á CE no que informa ao ente comunitario de que a pesar da protección da que gozan estas especies das que cada vez quedan menos exemplares na UE, a súa supervivencia estase vendo ameazada nos montes do lugar do Pazo, en Soandres, e no río Acheiro, todo no concello da Laracha da comarca de Bergantiños, debido á plantación de eucaliptos nesta zona e á intención de levar a cabo cortas de fragas de árbores autóctonas.

Neste sentido, Lídia Senra pregúntalle á CE se non cre que plantar eucaliptos e cortar fragas é incompatible coa conservación dos hábitats naturais da fauna e flora silvestres protexidos mencionados. Tamén lle pide que especifique que medidas están obrigados a tomar tanto o goberno municipal como a Xunta de Galicia e o Estado español para protexer estes lugares e estas especies.  

Ademais, e tendo en conta que a previsión do Plan Forestal da Xunta no 1992 era dun máximo de 245.000 hectáreas de eucalipto para o 2032 e hoxe xa temos arredor de 500.000 hectáreas con eucaliptos na Galiza, a eurodeputada inquire á CE que opinión lle merece esta situación e que recomendacións fai para protexer as especies arbóreas autóctonas e evitar que continúe a eucaliptización da Galiza.

UNHA PROTECCIÓN REAL

É fundamental protexer de verdade, non só no papel, os montes e as augas e as especies que viven nelas fronte aos intereses das industrias madereiras que están a acabar co patrimonio natural galego coa complicidade das Administracións que, ou ben miran para outro lado, ou permiten directamente que se arrase co noso medio rural”, apunta nun comunicado. Así, chama a todas as Administracións a levar a cabo medidas efectivas para protexer o rural e toda a vida que nel hai.

Caraco de Quimper, en perigo na Laracha polo eucalipto
Caraco de Quimper, en perigo na Laracha polo eucalipto | Fonte: LR

Así, lembra que xa son moitas as iniciativas que leva presentado a europarlamentaria en Bruxelas para denunciar a eucaliptización na Galiza. A maiores do escrito presentado en referencia á situación na Laracha, Senra ten reclamado en numerosas ocasións que se inclúa o eucalipto na lista de especies exóticas invasoras preocupantes para a Unión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Peli

Ah, e dos cogumelos nin falemos. Cando xa non faga falla papel (preto moi preto) a ver a quen lle vendedes os eucaliptos. Nunca dependas dunha soa man para comer, eminencia.

2 Peli

Un dos nomes que recibe o eucalipto é pino australiano, cortase cada 10 anos e a froita non é nin de lonxe coma as castanhas, mazás e as bellotas* que tanto lles gustan a os nosos porcos. E por certo, as colleitas son todolos anos

1 ssr

Que le diga a la cara a los propietarios que les va a cortar los eucaliptos por culpa de cuatro lagartos y dos caracoles. Somos varias generaciones nacidas e incluso concebidas bajo los eucaliptos, para nosotros es el arbol tradicional de Galicia y reclamamos que así sea. Eucalipto si.

1 FllodPt

Non sei se o dis de co.ña pero se o dis en serio vas ter que facerte mirar. Árbore tradicional unha especie que hai sobre 200 anos que chegou aquí e menos de 70 que se planta en plan masivo para a industria. E si, se hai unha lei que obriga a facer algo hai que cumprila, tamén eses mesmos pagan os impostos do coche ou fan a declaración de facenda. E probablemente tu fuches concebido debaixo dun eucalipto cando lle caeu unha póla e deixou a teus pais e máis a ti tocados da cabeza.