Arde unha embarcación abandonada no peirao de Ribeira

Ningunha persoa resultou ferida ou afectada polo incendio.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/11/2018 | Actualizada ás 20:09

Comparte esta noticia

Segundo informou o Centro Integrado de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 17,40 horas, cando varios particulares alertaron de que unha embarcación se atopaba ardendo. O barco estaba amarrado preto doutro tres buques.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

Até a zona desprazáronse os Bombeiros de Ribeira e de Boiro, o Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal (GAEM), efectivos da Policía Local e Salvamento Marítimo, que mobilizou até o lugar á Salvamar Sargadelos.

Segundo os datos facilitados ao 112-Galicia, ningunha das embarcacións próximas ao barco que sufriu o incendio rexistrou danos e tampouco se produciu vertido de substancias contaminantes que afectasen ao mar. Non houbo que lamentar danos persoais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta