Pode Paco Vázquez revolucionar novamente a política coruñesa?

O ex rexedor coruñés non descarta volver á política e liderar un movemento cidadán na Coruña impulsado por Ciudadanos. No PSdeG dan por feito que Vázquez está xa máis na órbita de C’s que na órbita socialista.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 08/11/2018 | Actualizada ás 14:53

Comparte esta noticia

Francisco Vázquez podería volver á política. É xa un segredo a voces que o alcalde coruñés se está deixando querer desde hai tempo por Ciudadanos. Os seus continuos coqueteos con Albert Riverao último esta mesma semana-- non deixan xa lugar a dúbidas e, nesta ocasión, á diferencia das anteriores, dirixentes socialistas non dubidaron xan en criticalo abertamente.

Albert Rivera e Francisco Vázquez nun acto na Coruña
Albert Rivera e Francisco Vázquez nun acto na Coruña

Pero pode volver Paco Vázquez a ser candidato na Coruña?. O ex rexedor non descarta esta posibilidade. É directamente Albert Rivera –e non Ciudadanos da Coruña-- quen leva meses tanteando esa posibilidade e, tal e como aconteceu con Manuel Valls, suxeriulle a posibilidade de encabezar unha “lista cidadán” ao estilo da Plataforma España Ciudadana coa que o ex primeiro ministro francés quere conquistar a Alcaldía de Barcelona.

"BOAS RELACIÓNS"

Rivera referiuse esta mesma semana a Paco Vázquez como alguén próximo, co que, dixo “manteño relación persoal e co que falei en varias ocasións sobre estes temas e cónstame que é constitucionalista e ségueo sendo a pesar do sanchismo”.“Para alguén coma min e para moitos constitucionalistas, é un luxo poder escoitar as reflexións dun socialista de pro, tantos anos alcalde e constitucionalista, como é Paco Vázquez”, insistía.

Na mesma liña, Rivera referiuse ademais a outros "socialistas que si son constitucionalistas a diferenza do señor Sanchez que non o é" e que xa hai tempo apoiaron a plataforma de España Cidadana, a nova plataforma impulsada por esta formación en Cataluña e que lidera o ex primer ministro francés Manuel Valls.

Retratos de Javier Losada e Francisco Vázquez no Concello de A Coruña
Retratos de Javier Losada e Francisco Vázquez no Concello de A Coruña

“Cónstame que hai outros socialistas como Corbacho que xa nos apoiou na plataforma, e outros socialistas que tamén son constitucionalistas como é o caso de Nicolás Redondo ou outros moitos líderes socialistas cos que eu me sinto partícipe dun proxecto constitucional”, suliñou.

ESTRATEXIA

Precisamente, esa apelación ou captación de ex líderes socialistas, é o que quere facer con Vázquez, consciente da importancia que unha figura coma o do ex rexedor ten aínda na Coruña. E, como na capital catalana, podería renunciar ás siglas do seu partido para tentar aglutinar nunha mesma candidatura á xente desencantada co PSOE, o PP e mesmo as mareas. Por iso, e sabedores deste movemento, dirixentes socialistas non dubidaron xa en criticar en privado, e tamén xa en público, a viraxe ideolóxica do ex rexedor Coruñés.

A simple posibilidade de que Vázquez encabece unha lista na Coruña incomoda aos tres principais partidos da cidade pero, principalmente, ao PSdeG e ao PPdeG, sabedores de que os vinte e tres anos que pasou de alcalde, entre 1983 e 2006, son aínda valorados por boa parte dos seus electores. E esta mesma bagaxe e as súas ideas de férreo defensor da Constitución e da “españolidade” é o que pretende utilizar Rivera.

BAGAXE IDEOLÓXICA

E nesta xogada política Ciudadanos tamén avaliou o impacto mediatico desta aposta, coñecedor da boa relación de o ex alcalde mantén co grupo La Voz e con algúns dos seus articulistas estrela, como é o caso de Roberto Blanco Valdés. Precisamente, Vázquez, xunto con Blanco Valdéz, Gloria Lago; presidenta de Galicia Bilingüe ou o xornalista Paco Rivera Cela, pai de Rivera de la Cruz, participaron en 2014 no colectivo "Libres e Iguales". Un colectivo que se definía como "movemento cívico aberto a todos os cidadáns compremtidos cos valores da moderna España constitucional" e  contrario “á agresión á democracia” que antes do Referendum pretendía levar a cabo o Goberno da Generalitat.

Previamente, Vázquez e Rivera xa participaran en foros comúns para falar da “unidade de España” e da “Constitución”.  E ese xiro idelóxico mesmo levou ao ex rexedor a participar en actos convocados polo propio Partido Popular, como aconteceu en 2016 cando participou nunhas xornadas organizadas sobre a Constitución Española de Nuevas Generaciones na Coruña.

Feijóo e Francisco Vázquez
Feijóo e Francisco Vázquez | Fonte: C.P.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

3 Carmen Lastra

En ocasións os 'progres' incompetentes (Obama, Dilma ou Ferreiro) son desprazados do poder por neofascistas (Trump, Bolsonaro ou Paco Vázquez). A masa deixase engaiolar polos mitos, por argumentos racistas e supremacistas, por fume envelenado... Certo! Acontece que antes apostaron pola esquerda e recibiron falsidade: máis dereita, novo clasismo, clientelismo e amiguismo. E, para iso, faino mellor a ultradereita! Faltou humildade, transparencia e radicalidade democrática. Faltou decencia (igual que no bipartito co BNG). E a masa deixase levar pola moda! Meréceno? Sen dúbida! Mais a resposta debía ser romper coa neocasta e non colocar a ultradereita no poder!

2 tararítarará

Cs es hoy el PSOE de los 80-90, así que parece normal que Paco Vázquez los vea con simpatía. Pero dudo que entre en ningún proyecto de Cs, y este mismo hecho es lo que más fastidia al PSOE. Para ser de izquierdas hay que estar jodid o, o no aceptarse con las limitaciones que tenemos todos. La izquierda basa su éxito, tanto por prometer el cielo en la tierra, como en permitir darse el gusto de vengarse. Paco es de izquierda moderada y se está dando el gustazo, desde fuera del PSOE, de apoyar a Cs y fastidiar al PSOE. Y eso duele...

1 nostrus

Paco Vazquez, independientemente de su opcion politica, es un patriota y patriota se puede ser tanto desde la izquierda como desde la derecha.

1 Gamela

Paco Vazquez e Abel Caballero = os dous teñen 72 anos = Añada do 46 = Xerontocracia (?)