Pode Paco Vázquez revolucionar novamente a política coruñesa?

O ex rexedor coruñés non descarta volver á política e liderar un movemento cidadán na Coruña impulsado por Ciudadanos. No PSdeG dan por feito que Vázquez está xa máis na órbita de C’s que na órbita socialista.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 08/11/2018 | Actualizada ás 14:53

Comparte esta noticia

Francisco Vázquez podería volver á política. É xa un segredo a voces que o alcalde coruñés se está deixando querer desde hai tempo por Ciudadanos. Os seus continuos coqueteos con Albert Riverao último esta mesma semana-- non deixan xa lugar a dúbidas e, nesta ocasión, á diferencia das anteriores, dirixentes socialistas non dubidaron xan en criticalo abertamente.

Albert Rivera e Francisco Vázquez nun acto na Coruña
Albert Rivera e Francisco Vázquez nun acto na Coruña

Pero pode volver Paco Vázquez a ser candidato na Coruña?. O ex rexedor non descarta esta posibilidade. É directamente Albert Rivera –e non Ciudadanos da Coruña-- quen leva meses tanteando esa posibilidade e, tal e como aconteceu con Manuel Valls, suxeriulle a posibilidade de encabezar unha “lista cidadán” ao estilo da Plataforma España Ciudadana coa que o ex primeiro ministro francés quere conquistar a Alcaldía de Barcelona.

"BOAS RELACIÓNS"

Rivera referiuse esta mesma semana a Paco Vázquez como alguén próximo, co que, dixo “manteño relación persoal e co que falei en varias ocasións sobre estes temas e cónstame que é constitucionalista e ségueo sendo a pesar do sanchismo”.“Para alguén coma min e para moitos constitucionalistas, é un luxo poder escoitar as reflexións dun socialista de pro, tantos anos alcalde e constitucionalista, como é Paco Vázquez”, insistía.

Na mesma liña, Rivera referiuse ademais a outros "socialistas que si son constitucionalistas a diferenza do señor Sanchez que non o é" e que xa hai tempo apoiaron a plataforma de España Cidadana, a nova plataforma impulsada por esta formación en Cataluña e que lidera o ex primer ministro francés Manuel Valls.

Retratos de Javier Losada e Francisco Vázquez no Concello de A Coruña
Retratos de Javier Losada e Francisco Vázquez no Concello de A Coruña

“Cónstame que hai outros socialistas como Corbacho que xa nos apoiou na plataforma, e outros socialistas que tamén son constitucionalistas como é o caso de Nicolás Redondo ou outros moitos líderes socialistas cos que eu me sinto partícipe dun proxecto constitucional”, suliñou.

ESTRATEXIA

Precisamente, esa apelación ou captación de ex líderes socialistas, é o que quere facer con Vázquez, consciente da importancia que unha figura coma o do ex rexedor ten aínda na Coruña. E, como na capital catalana, podería renunciar ás siglas do seu partido para tentar aglutinar nunha mesma candidatura á xente desencantada co PSOE, o PP e mesmo as mareas. Por iso, e sabedores deste movemento, dirixentes socialistas non dubidaron xa en criticar en privado, e tamén xa en público, a viraxe ideolóxica do ex rexedor Coruñés.

A simple posibilidade de que Vázquez encabece unha lista na Coruña incomoda aos tres principais partidos da cidade pero, principalmente, ao PSdeG e ao PPdeG, sabedores de que os vinte e tres anos que pasou de alcalde, entre 1983 e 2006, son aínda valorados por boa parte dos seus electores. E esta mesma bagaxe e as súas ideas de férreo defensor da Constitución e da “españolidade” é o que pretende utilizar Rivera.

BAGAXE IDEOLÓXICA

E nesta xogada política Ciudadanos tamén avaliou o impacto mediatico desta aposta, coñecedor da boa relación de o ex alcalde mantén co grupo La Voz e con algúns dos seus articulistas estrela, como é o caso de Roberto Blanco Valdés. Precisamente, Vázquez, xunto con Blanco Valdéz, Gloria Lago; presidenta de Galicia Bilingüe ou o xornalista Paco Rivera Cela, pai de Rivera de la Cruz, participaron en 2014 no colectivo "Libres e Iguales". Un colectivo que se definía como "movemento cívico aberto a todos os cidadáns compremtidos cos valores da moderna España constitucional" e  contrario “á agresión á democracia” que antes do Referendum pretendía levar a cabo o Goberno da Generalitat.

Previamente, Vázquez e Rivera xa participaran en foros comúns para falar da “unidade de España” e da “Constitución”.  E ese xiro idelóxico mesmo levou ao ex rexedor a participar en actos convocados polo propio Partido Popular, como aconteceu en 2016 cando participou nunhas xornadas organizadas sobre a Constitución Española de Nuevas Generaciones na Coruña.

Feijóo e Francisco Vázquez
Feijóo e Francisco Vázquez | Fonte: C.P.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

8 anonimo

Efectivamente,nada que ver co comité central da UPG, cheo de adolescentes.

7 mais lixo do expañol

outro traidor como o -vieiras pasou de defender o dereito de autodeterminación a ser un dictador da unidade de expaña, anda por ahí saltando dun lado para outro despois de aproveitarse de aquí e de acola, un vividor, un trhuan e un señorito de cheiro caciquil... pode ser que remate na marea pero a marea de coruñas esta acabada con tanto escandalo, soamente lles queda afianzar os seus 150 en postiños, por iso anda por chupadanos e vox... o imaxino dentro dun cubo grande do lixo... e un-ha sorrisa percorre a miña cara

6 unmais

Para Nostrus, Paco Vazquez, como vostede di é un "patriota", eu diria mais ben un ultranazionalista español, e como todos eses patriotas que se embrullan na roji-gualda, un tipo que se forrou aproveitando que era alcalde

1 Fer

Todos os patriotas empregan a mesma artimaña para forrarse: envolverse nun trapo noxento. A estas alturas lembrarse de Paco Vázquez como alcalde provoca náusea. É ben triste que o inútil Ferreiro acabe por despertar o monstruo. Oportunidade perdida. Igual que Castrillo en Vigo, Xaime Bello en Ferrol, ou que o Martiño en Compostela, foron e son os cómplices perfectos da dereita reaccionaria. Puro postureo e nada de mudanzas, resultado: a dereita faise máis forte logo do desencanto. E Nostrus, que xa pasou de Ciumarranos a Vox ultrafachas nazionalistas españolistas sen complexos, está gozando. Os lelos disfrutan mesmo cando reciben paus no lombo: están no seu dereito, chámanlle LIBERTAZ!!!

5 Algo aínda queda

Aínda que a Marea ben que meteu ao senador expacovazquista ese Buitrón ou Buitrago ou como se chame

4 Salgueiro

Sí que pode revolucionar a cidade. Hai uns 2 ou 3.000 xubilados que non atopan o seu lugar no mundo. O que lhes gostaba é que antes todo era moi fácil. Nacías, medrabas, casábaste cunha mulher trabalhadora fiel e limpa, tinhas filhos, faciaste maior e morrías cos santos sacramentos e a bendición da súa santidade. Agora no novo planeta non están a gusto.