Ana Miranda acusa a PP e PSOE de taparse "as súas miserias" e "vetar" a súa asistencia á comisión sobre Angrois

A eurodeputada do BNG quería asistir á sesión do 14 de novembro. Declara ademais que "Pilar Cancela, do PSOE e Celso Delgado do PP están a se tapar as miserias para impedir que Europa siga removendo este asunto".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/11/2018 | Actualizada ás 17:36

Comparte esta noticia

Miranda explica a través dunha nota de prensa que cursou solicitude "formal" ao presidente da comisión, Feliu Guillaumes, para asistir como público ese día ás 16,00 horas, cando está prevista a comparecencia do xefe da unidade de seguridade da Axencia Ferroviaria Europea, Christopher Carr.

A eurodeputada Ana Miranda (BNG), no centro, xunto a vítimas do Alvia. REMITIDA
A eurodeputada Ana Miranda (BNG), no centro, xunto a vítimas do Alvia. REMITIDA | Fonte: Europa Press

Precisamente, as reunións da eurodeputada coa Axencia Ferroviaria Europea, coa que mantivo tres encontros, e as dúas reunións coa comisaria de Transporte, Violeta Bulc, mostran, segundo incide a portavoz do Bloque en Europa, "a existencia dunha forte relación interinstitucional que xustificaría plenamente a súa asistencia á comisión", tal e como pediu, por ser parte denunciante.

"É un veto inadmisible", critica a nacionalista, quen en 2017 presentou en Europa unha denuncia contra o Estado español por procedemento de infracción polo incumprimento da normativa de seguridade ferroviaria europea.

Subliña que é "unha vergoña sen precedentes" e ve neste "veto" unha "mordaza" en tanto que "si pode asistir calquera cidadán ou calquera xornalista". De feito, defende que a súa asistencia como público "debería formar parte dun procedemento normal nun Estado normal". "Pilar Cancela por parte do PSOE e Celso Delgado polo PP están a se tapar as miserias para impedir que Europa siga removendo este asunto", conclúe Miranda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 LKI

Resumo: A xente xa non nos vota, pero queremos seguir tendo a mesma representatividade e importancia que cando nos votaban.

1 Samesugas

Se ese é o resumo que fas e así é coma ves a política, pois xa temos varios calificativos para definirte. Resumo: ningún é eloxioso. Indo á nova: os representantes da oligarquía non van ceder endexamais pois saben que é posíbel que algún remate no caldeiro. Ben por todas as representantes políticas que non deixan atrás nin ás vítimas, nin os familiares, nin á xente, sexan do partido qu sexan. Hoxe parabenizamos a Miranda polo traballo incansábel. Naquel tren podia ir calquera de nós.