Por Galicia Confidencial | Santiago | 09/11/2018 | Actualizada ás 12:17
A FICS publicara xa no mes de xuño que o proxecto de Atalaya Mining para a mina de O Pino-Touro é unha grave ameaza para o Camiño de Santiago, concretamente para o Camiño Francés, punto sobre o que sinalan “a Xunta de Galicia, administración responsable da protección deste Ben de Interese Cultural (BIC) de valor universal, garda silencio”.
O informe técnico do ICOMOS apunta as serias ameazas para o percorrido do Camiño francés en canto a prexudicar a conservación do mesmo. Esta e outras conclusións saíron da análise que o comité avaliador de monumentos fixo sobre os informes aportados por Atalaya Mining-Explotaciones Gallegas S.L., a empresa do proxecto mineiro.
O informe tamén recolle “unha clara violación da normativa de protección” que invade o Camiño Francés destruíndo parte do seu percorrido “en contra da lexislación nacional e internacional sobre esta materia”. Ademais, lembra que para a declaración dun BIC, as entidades e administracións responsables da súa custodia deben aplicar unha preservación axeitada para que conserve os valores da súa identidade.
Nese sentido, o informe de ICOMOS afirma que a actuación das administracións é contraria a “os compromisos asumidos polo Estado español para promover a inscripción do Camiño de Santiago na Lista de Patrimonio Mundial”. De maneira máis directa, ICOMOS sinala “non se tiveron en conta a necesididade de prever ao Comité do Patrimonio Mundial sobre a actuación que se quere facer” apuntando ao proxecto mineiro O Pino-Touro.
Logo do estudo feito sobre a parte afectada do Camiño, crreouse unha listaxe de afeccións negativas que aparecerían co proxecto mineiro. Dentro estarían o deterioro do medio natural propio do Camiño de Santiago, que segundo o informe afectaría case a tres millóns de peregrinos durante o tempo que durase a actividade mineira. Isto ademais incluiría a destrucción de parte do “itinerario xacobeo protexido” entre Quión e Arca e de parte dos bens culturais vinculados ao Camiño.
O resultado desas afeccións, sumadas a outras agresións sufridas pola ruta xacobeoa nos últimos anos, é “unha perda continuada de valores patrimoniais” que pode implicar unha “profunda repercusión pola súa influencia na identidade do mesmo Camiño”.
Sobre a perda de identidade dentro do Camiño, o informe ICOMOS fai constar que no caso de perdérense os valores excepcioais que o incluíron na Lista do Patrimonio Mundial un BIC, ou que o Estado parte non resolva os perigos sabidos ou potenciais que afecten ao BIC, este pode ser excluído da Lista de Patrimonio Mundial pola UNESCO”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.