A UNESCO alerta: o Camiño de Santiago pode ser excluído da Lista de Patrimonio Mundial

A Federación Internacional do Camiño de Santiago (FICS) apunta que un informe técnico do Comité Internacional de Monumentos e Sitios (ICOMOS) vinculado á UNESCO, especifica que o proxecto da mina e Touro é unha violación da normativa de protección que mesmo supón a destrución de parte do seu percorrido.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 09/11/2018 | Actualizada ás 12:17

Comparte esta noticia

A FICS publicara xa no mes de xuño que o proxecto de Atalaya Mining para a mina de O Pino-Touro é unha grave ameaza para o Camiño de Santiago, concretamente para o Camiño Francés, punto sobre o que sinalan “a Xunta de Galicia, administración responsable da protección deste Ben de Interese Cultural (BIC) de valor universal, garda silencio”.

Camiño de Santiago
Camiño de Santiago

O informe técnico do ICOMOS apunta as serias ameazas para o percorrido do Camiño francés en canto a prexudicar a conservación do mesmo. Esta e outras conclusións saíron da análise que o comité avaliador de monumentos fixo sobre os informes aportados por Atalaya Mining-Explotaciones Gallegas S.L., a empresa do proxecto mineiro.

O informe tamén recolle “unha clara violación da normativa de protección” que invade o Camiño Francés destruíndo parte do seu percorrido “en contra da lexislación nacional e internacional sobre esta materia”. Ademais, lembra que para a declaración dun BIC, as entidades e administracións responsables da súa custodia deben aplicar unha preservación axeitada para que conserve os valores da súa identidade.

Nese sentido, o informe de ICOMOS afirma que a actuación das administracións é contraria a “os compromisos asumidos polo Estado español para promover a inscripción do Camiño de Santiago na Lista de Patrimonio Mundial”. De maneira máis directa, ICOMOS sinala “non se tiveron en conta a necesididade de prever ao Comité do Patrimonio Mundial sobre a actuación que se quere facer” apuntando ao proxecto mineiro O Pino-Touro.

Logo do estudo feito sobre a parte afectada do Camiño, crreouse unha listaxe de afeccións negativas que aparecerían co proxecto mineiro. Dentro estarían o deterioro do medio natural propio do Camiño de Santiago, que segundo o informe afectaría case a tres millóns de peregrinos durante o tempo que durase a actividade mineira. Isto ademais incluiría a destrucción de parte do “itinerario xacobeo protexido” entre Quión e Arca e de parte dos bens culturais vinculados ao Camiño.

O resultado desas afeccións, sumadas a outras agresións sufridas pola ruta xacobeoa nos últimos anos, é “unha perda continuada de valores patrimoniais” que pode implicar unha “profunda repercusión pola súa influencia na identidade do mesmo Camiño”.

Sobre a perda de identidade dentro do Camiño, o informe ICOMOS fai constar que no caso de perdérense os valores excepcioais que o incluíron na Lista do Patrimonio Mundial un BIC, ou que o Estado parte non resolva os perigos sabidos ou potenciais que afecten ao BIC, este pode ser excluído da Lista de Patrimonio Mundial pola UNESCO”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Xesús Ateo Recalcitrante

A estes da Xunta de Galicia non hai quen lle gañe na arte da chapuza e a burrada. Son os reis e raiñas da burremia agudizada.