Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/11/2018 | Actualizada ás 20:45
Gadis volve á carga cunha nova entrega da súa existosa campaña 'Vivamos como galegos'. Desta vez, o protagonista do anuncio é un neno que, como tantos hoxe, vive pegado á pantalla dun teléfono móbil e "ao que non lle interesa nada do noso. Un repunantiño".
Pero todo muda cando o seu avó lle agasalla un libro máxico, 'A Maxia do Noso'. E coa axuda de tres meigas, o mozo remata berrando: "Eu creo no noso! Vivamos como galegos!". De novo, o orgullo galaico, a clave coa que deu Gadis para facerse forte no mercado... e tamén facer país. E todo, este ano, a ritmo de cumbia verbeneira.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.