Un feito que foi denunciado por un membro do mesmo grupo que naquel momento pertence a un partido político tan bárbaro como o denunciado e que estaba nese grupo de whatsapp porque acudía a practicar tiro ao club de tiro olímpico de Tarrasa do mesmo xeito que o que o demandou. Esta noticia en principio pouco relevante foi magnificada por todos os medios chegando a ser portada dalgúns deles, reforzada pola incautación das armas de competición deste home, competidor olímpico desde hai anos, sen antecedentes penais e con todas as súas armas perfectamente legalizadas.
Porque pensas querido lector que se está dando tanta dimensión a esta noticia?. Ben, os motivos poderían ser varios, un deles é que a ninguén con peso especifico molesta que se demonice un comportamento lamentable e, por suposto, reprendible. Outro dos motivos é que realmente o individuo en cuestión non é ninguén, un garda de seguridade de sesenta e tres anos sen familia dun pobo onde o pai fora alcalde... Digamos que era un pobre diaño cuns antecedentes impecables que, debido á súa afección ás armas, levaba anos competindo de forma oficial e por iso tiña unha colección de rifles moi vistosa para unha foto.
Do que xa se fala menos é desa barbaridade do Tribunal Supremo, garante da legalidade neste país, que baixo unha infinidade de presións de todo tipo, deixou en suspenso unha sentenza xusta pero economicamente ruinosa para repetir a votación ata que conseguiu anulala.
Un feito insólito que evidencia que a xustiza é variable en función de don Diñeiro. Os bancos que, cando saíu a primeira sentenza estiveron a piques de esborrallarse, que respiraron cando esta se suspendeu e subiron cando se anulou, xa non terán que devolver os custos derivados do pago do imposto de actos xurídicos documentados.
É certo que esta vez o goberno actuou con rapidez e a partir de agora se terán que facer fronte a ese imposto e non poderán repercutilo na hipoteca que pida ao cidadán. Salvados pola campá. Nuns poucos meses, cando salga outra sentenza que está sobre a mesa, repetiremos votación, suprimiremos o supremo. A ver que pasa...