En Santiago de Compostela choveu máis nunha semana que nos catro últimos meses

As borrascas descargaron un total de 246 litros por metro cadrado a pasada semana. A cidade recupérase da seca sufrida a finais do verán.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/11/2018 | Actualizada ás 18:37

Comparte esta noticia

A serie de borrascas que afectaron Galicia a pasada semana, dende o dia 4 ao 11, ambos inclusive, deixaron en Santiago de Compostela un total de 246 litros por metro cadrado. Como informa o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago, José Ángel Docobo, o intervalo mais chuvioso estendeuse entre as 9.00 horas do venres 9 ata as 9.00 horas do sábado 10, con 65,7 l/m2 rexistrados. 

Temporal en Galicia
Temporal en Galicia | Fonte: Miguel Núñez.

Con esta cantidade de choiva, “que supera a dos meses de xullo, agosto, setembro e outubro xuntos”, a cidade de Santiago recupérase da seca sufrida a finais do verán, onde apenas chovera en dous meses, explica o profesor Docobo. 

En total, no que vai de ano lévanse recollidos 1.600 l/m2, cantidade próxima á media anual das últimas décadas, que está en 1.800 l/m2.

Todas as medición realizáronse na estación meteorolóxica do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, centro colaborador da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta