Vídeo: Así foi a Marcha pola recuperación do Pazo de Meirás, na que se parodiou a Franco

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña resume en media hora a acción do pasado sábado na que se esixiu ao Goberno central que demande a familia do ditador.

Por Galicia Confidencial | Meirás | 12/11/2018 | Actualizada ás 19:54

Comparte esta noticia

Centos de persoas participaron o pasado sábado na marcha a pé de cinco quilómetros coa que se reclamou ao Goberno central que inicie "valentemente" a presentación dunha demanda civil para recuperar para o patrimonio público o Pazo de Meirás, situado en Sada (A Coruña), o histórico inmoble que Franco obtivo tras un peditorio popular no ano 1938 e que segue en mans dos seus herdeiros.

Parodia do ditador Francisco Franco na 5ª Marcha Sada-Meirás pola recuperación do Pazo de Meirás.
Parodia do ditador Francisco Franco na 5ª Marcha Sada-Meirás pola recuperación do Pazo de Meirás.

Agora, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña resume esta nova histórica marcha neste vídeo, no que ademais das imaxes dos manifestantes percorrendo o traxecto, tamén se recollen declaracións de políticos e activistas, e se mostra a parodia que se fixo do ditador Francisco Franco ás portas do pazo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Cachán

Catro gatiños, pero teñen cartos dabondo para vestuario.