Os traballadores da planta da Coruña convocan unha concentración o sábado ante o Concello

Baixo o lema 'Alcoa, peche non', os traballadores fan un chamamento á participación da cidadanía na protesta.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 13/11/2018 | Actualizada ás 14:32

Comparte esta noticia

Os traballadores da planta de Alcoa na Coruña convocan para o sábado, día 17, unha concentración ante o Concello, na praza de María Pita, segundo informou o comité de empresa.

Manifestación polo emprego en Alcoa en Viveiro 2012
Manifestación polo emprego en Alcoa en Viveiro 2012 | Fonte: AXM

Co lema 'Alcoa, peche non', os traballadores fan un chamamento á participación da cidadanía nunha protesta que terá lugar ás 12,00 horas no marco de mobilizacións que están a levar a cabo desde o anuncio de peche.

Mentres, a habitual concentración que realizan todas as tardes ante a fábrica, trasladarase na xornada deste martes á praza do centro comercial Marineda City.

Para o mércores, está convocada unha marcha desde a fábrica ao Banco de Alimentos Rías Altas, situado a un quilómetro das instalacións da factoría, "para achegar alimentos de primeira necesidade", explica o comité de empresa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta