Un grafiteiro líbrase dunha denuncia en Vigo logo de repintar unha parede de branco e deixala "mellor do que estaba"

Os axentes déronlle unhas horas para borrar os graffitis e pintar outra vez a parede.

Por E.P. | VIGO | 13/11/2018 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

Un mozo de 24 anos de idade, veciño de Barcelona, librouse da denuncia policial após ser sorprendido realizando grafitis porque repintou a parede de branco e deixouna "mellor do que estaba", despois de ser reprendido polos axentes.

Policía Local de Vigo
Policía Local de Vigo | Fonte: Miguel Núñez

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada do luns, cando unha dotación do 092 desprazouse até a rúa Médico José Mato, ao ter coñecemento de que un mozo estaba a facer pintadas nunha parede.

Unha vez no lugar, o mozo explicoulles aos policías que estaba a escribir frases románticas dedicadas a unha moza que vive nesa zona. Os axentes déronlle de tempo até as 6,00 horas da mañá para que borrase as pintadas e devolvese o muro ao seu estado orixinal, coa advertencia de que, se non o facía, sería denunciado.

Sobre as 4,40 horas, unha dotación policial volveu pasar por ese punto e comprobou que o mozo non só borrara os grafitis e pintara a parede de branco, senón que a deixou "aínda mellor do que estaba", polo que non se interpuxo denuncia contra el.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta