A Xunta gastará 200.000 euros nos medios de comunicación para publicitar o Día contra a Violencia de Xénero

A Secretaría Xeral de Medios adxudicou a campaña o pasado 5 de novembro. Catro días despois a Secretaría Xeral de Igualdade presentaba xa esta campaña cun cartel moi diferente ao polémico do pasado ano.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/11/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

"Un total de 60 spots en Televisión de Galicia, preto de 500 cuñas en todas as radios galegas, 31 anuncios na prensa, máis de dous millóns de banners --suponse que impresións-- e un cento de carteis en valados por toda Galicia". Así anunciaba a Xunta a campaña para publicitar o Día da Violencia de Xénero que levará a cabo a través dos medios de comunicación este ano. Unha publicidade nos medios que terá un coste elevado, case 200.000 euros, 2.000 euros máis que o pasado ano, e que, como é habitual, recibirán as grandes familias mediaticas de Galicia; La Voz, Faro, Grupo El Progreso ou Grupo La Región, entre outros.

Presentación da campaña do Día contra a Violencia de Xénero 2018
Presentación da campaña do Día contra a Violencia de Xénero 2018 | Fonte: xunta.gal

Tras o polémico cartel do pasado ano, moi criticado pola oposición e entidades sociais, a Xunta apostou este 2018 por unha lema sen fortografías e cun “Non” sobreimpreso baixo a lenda “Fronte á violencia de xénero só cabe unha resposta. Sen ningún xénero de dúbida. NON”. Uns 40.000 carteis serán distribuído por todas as vilas e cidades de Galicia en locais comerciais, de hostalería, edificios e centros públicos, concellos, centros de saúde, xulgados e centros educativos.

A campaña foi presentada este venres pola secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella e rematará o próximo 25 de novembro, data na que terá lugar en Santiago de Compostela a sexta edición da andaina “Camiño ao respecto”. Curiosamente, desde que se aprobou o expediente por parte da Secretaría Xeral de Medios ata que foi presentada a campaña só pasaron catro días. Neses catro días, supostamente, a empresa gañadora do concurso tería que ter feito xa a imaxe da campaña e a reserva dos espazos en medios.

POLÉMICA DO 2018

Con todo, esta campaña alonxase do polémico cartel do pasado ano. Unha campaña que, baixo o lema 'O máis grande de Galicia non se maltrata', presentaba a muller galega como "unha xigante" que se sobrepón a todas as adversidades. Unha imaxe que non gustou e que provocou que os tres grupos da oposición —En Marea, PSdeG e BNG— pediran a súa retirada por representar a "cousificación" da muller. 

Cartel do Día contra a Violencia Machista
Cartel do Día contra a Violencia Machista

MÁIS CARTOS

Esa campaña custou 196.078,43 euros (con IVE), case 2.000 euros menos que os 198.039,21 que custa a deste ano. Trátase do xa clásico contrato negociado sen publicidade adxudicado pola Secretaría Xeral de Medios, baseado nun acordo marco.

O custo da campaña nos medios é case 2,5 veces maior que a de hai dous anos. Daquela, a Xunta repartiu 80.000 euros entre determinados medios de comunicación para lanzar esta campaña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 uu1

Vai com os tempos, puro marketing. E ademais assegura-se o apoio mediático para as eleições que estão por vir.