Temas: CASTAñAS

Collidos roubando castañas

Investigan a cinco mozos na Pobra de Trives por substraer 60 quilos de castañas dunha leira.

Por Galicia Confidencial | Trives | 14/11/2018 | Actualizada ás 11:54

Comparte esta noticia

A Garda Civil investiga a cinco mozos da Pobra de Trives (Ourense) acusados de furtar 60 quilos de castañas dunha leira propiedade dunha asociación veciñal.

Castañas
Castañas | Fonte: wikipedia

Segundo informou o corpo, os axentes tomaron declaración en calidade de investigados a C.S.B., de 34 anos, E.F.C., de 27, J.S.B., de 23; S.R.R., de 21, e E.S.H, de 18. Os mozos son veciños de Maceda, Tarragona e Esgos.

Aos cinco investígaselles como presuntos autores dun delito leve de furto, tras unha denuncia presentada polo representante dunha asociación veciñal de Pena Folenche (Trives), na que relata a apropiación indebida de 60 quilos de castañas nunha leira propiedade da asociación.

Temas: CASTAñAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta