Os prezos aumentan un 1,1% en Galicia en outubro

A alza mensual é do 4,1% en transporte e do 3,1% en vivenda, fronte ao descenso do 1,6% de vestido e calzado.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/11/2018 | Actualizada ás 12:05

Comparte esta noticia

O índice de prezos de consumo (IPC) aumentou un 1,1% en outubro en relación co mes anterior, dúas décimas máis que a media (+0,9%), segundo os datos que publica este mércores o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Carburante
Carburante

Así as cousas, a taxa interanual na comunidade galega sitúase no 2,3%, como a media, e sen variación respecto de setembro. En agosto, mentres, era unha décima inferior (+2,2%). En variación mensual, o transporte rexistrou en Galicia unha alza do 4,1% nos seus prezos en outubro respecto de setembro, mentres que foi do 3,1% o aumento en vivenda. Ao lado contrario, os prezos do vestido e calzado baixaron un 1,6%.

Pola súa banda, a evolución interanual deixa a inflación no 5,2% en transporte, no 4,5% en vivenda e no 2,7% en bebidas alcohólicas e tabaco. É negativa, do -0,1%, en lecer e cultura na comunidade galega.

DATOS ESTATAIS

Para o conxunto estatal, Estatística achacou o comportamento da taxa interanual do IPC de outubro ao descenso dos prezos da electricidade, fronte ao aumento do ano anterior, ao que se suma, aínda que en sentido contrario, o incremento dos prezos do gas, que diminuíron un ano antes.

BAIXAN OS PREZOS DA LUZ

Segundo o INE, entre os grupos que tiveron unha maior influencia positiva no comportamento da taxa interanual atópanse o transporte, que subiu sete décimas a súa taxa anual, até o 5,7%, debido a que os prezos dos carburantes e lubricantes subiron en outubro máis que no mesmo mes de 2017, ao que se suma o aumento dos prezos do transporte aéreo, fronte ao descenso rexistrado un ano antes.

Estatística destaca tamén, aínda que en sentido contrario, o incremento dos prezos do gas, que diminuíron en outubro de 2017. Á vivenda súmase ademais as comunicacións, cunha taxa do 2%, seis décimas inferior á do mes anterior, debido principalmente a que os prezos dos servizos de telefonía e fax baixaron en outubro máis de que o que o fixeron o ano pasado.

PATACAS E OS SEUS PREPARADOS DISPARAN UN 11,1% O SEU PREZO NO ÚLTIMO ANO

Por rúbricas, as que máis elevaron os seus prezos en taxa mensual foron as pezas de vestir de muller (+14%), as pezas de vestir de home (+11,7%) e as pezas de vestir de neno e bebé (+11,1%). Pola contra, os maiores descensos mensuais rexistráronse en aceites e graxas (-1%), comunicacións (-0,7%) e turismo e hostalaría (-0,7%).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta