Localizado en Santiago un septuaxenario desorientado e ferido preto do río Sar

Un home duns setenta anos foi trasladado durante a noite deste mércores ao Hospital Clínico de Santiago de Compostela tras ser localizado desorientado e ferido nas proximidades do río Sar.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2018 | Actualizada ás 10:05 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un home duns setenta anos foi trasladado durante a noite deste mércores ao Hospital Clínico de Santiago de Compostela tras ser localizado desorientado e ferido nas proximidades do río Sar.

Segundo informou o CIAE 112-Galicia, o home, veciño de Rianxo, desprazouse até Compostela cuns familiares para facer unhas xestións e, nun momento dado, perdérono de vista.

Tras informar da desaparición, os axentes da Policía Local de Santiago estiveron a buscar ao home e, desde o 112 Galicia, informouse á Garda Civil e a Policía Nacional co obxectivo de colaborar neste operativo.

Finalmente, o home, que se move con certa dificultade debido a unha enfermidade, foi atopado preto do río Sar cunhas lesións nunha perna, polo que foi trasladado polo 061 ao CHUS.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta