Once detidos, catro deles en Madrid, e 650 quilos de cocaína intervidos, balance da operación antidroga

Un total de 11 persoas foron detidas no marco dunha operación antidroga ordenada pola Audiencia Nacional e desenvolvida polo Greco (Grupos de Resposta Especial para o Crime Organizado) en Pontevedra, na comarca do Salnés e en Madrid.

PONTEVEDRA | 15/11/2018 | Actualizada ás 15:25 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un total de 11 persoas foron detidas no marco dunha operación antidroga ordenada pola Audiencia Nacional e desenvolvida polo Greco (Grupos de Resposta Especial para o Crime Organizado) en Pontevedra, na comarca do Salnés e en Madrid.

Vivenda rexistrada en Pontevedra na operación antidroga
Vivenda rexistrada en Pontevedra na operación antidroga | Fonte: Europa Press

Fontes policiais confirmaron a Europa Press que a droga intervida, segundo os primeiros datos, elévase a 650 quilos de cocaína. Un total de cinco persoas foron detidas en Pontevedra, outras dúas no municipio de Ribadumia e outras catro en Madrid.

Segundo indicaron fontes da investigación, a droga foi intervida na cidade de Pontevedra. En concreto, os axentes do Greco Galicia practicaron cinco detencións nunha vivenda unifamiliar situada na avenida de Buenos Aires de Pontevedra, na que foi localizada toda a droga.

Trátase dun moderno chalé de pedra, actualmente á venda, situado á beira do río Lérez, na subida ao barrio de Monte Porreiro.

REXISTRO TAMÉN EN RIBADUMIA

Houbo outro rexistro no municipio de Ribadumia, onde tiveron lugar os outros dous arrestos, no marco desta operación desenvolvida pola Brigada Central de Estupefacientes da Policía Nacional e axentes do GRECO de Galicia

Como o operativo está coordinado pola Audiencia Nacional, os detidos atópanse na Comisaría Provincial da Policía Nacional en Pontevedra, á espera do seu traslado a Madrid para a súa posta a disposición xudicial.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta