Temas: LUGO COCHE

Detido un profesor de autoescola en Lugo por tentar agredir sexualmente a unha alumna

O sexaxenario foi posto en liberdade cunha orde de afastamento tras tentar violentala durante unha clase práctica.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 16/11/2018 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

Un profesor de autoescola foi detido en Lugo por tentar agredir sexualmente a unha das súas alumnas durante unha clase práctica de condución. O sexaxenario foi posto a disposición xudicial, tras o cal quedou en liberdade cunha orde de afastamento sobre a presunta vítima.

esposa, detido, detención, liberdade de espresión, liberdade de expresión, censura,
esposa, detido, detención, liberdade de espresión, liberdade de expresión, censura,

Segundo informan fontes da Policía Nacional a Europa Press, a moza acudiu á comisaría de Lugo o pasado luns para pór unha denuncia, onde manifestou que fora obxecto dunha agresión sexual por parte do profesor.

Ademais, a alumna declarou que o home levaba días dicíndolle frases fóra de ton ata que, nalgún momento, chegou a ensinarlle vídeos con contido pornográfico. Así, o último día que tiveron xuntos unha clase práctica, levouna co coche a un escampado e quíxoa agredir sexualmente, tal e como indicou a moza. Finalmente, o home desistiu desta acción ao ver que a moza opuña resistencia.

ORDE DE AFASTAMENTO

Deste xeito, axentes da Policía Nacional arrestou o martes ao presunto agresor, tras o cal pasou a disposición xudicial no Xulgado de Instrución Número 3 de Lugo, onde foi posto en liberdade cunha orde de afastamento sobre a moza.

Fontes do corpo apuntan a que este suceso se trata dun episodio puntual, pois o detido non tiña antecedentes nin constan máis denuncias contra o profesor. A Policía Nacional mantén aberta a investigación.

Temas: LUGO COCHE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta