Os 650 quilos de cocaína incautados en Pontevedra por unha alerta da DEA

Os detidos foron localizados in fraganti cando ocultaban a droga nun turismo caleteado, nun chalé de Pontevedra

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 17/11/2018 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

A operación contra o narcotráfico, que supuxo a incautación de 650 quilos de cocaína nun chalé situado en Pontevedra, iniciouse cando o CTI de Colombia e a DEA Americana advertiron aos axentes que varios suxeitos de orixe galega atopábase no país suramericano negociando a adquisición dunha partida de sustancia estupefaciente.

Imaxe do operativo realizado en Pontevedra. POLICÍA NACIONAL
Imaxe do operativo realizado en Pontevedra. POLICÍA NACIONAL | Fonte: Europa Press

Segundo informa a Policía Nacional, os axentes colaboraron coa Administración para o control de drogas de Estados Unidos e o CTI de Colombia para desarticular a organización de narcotraficantes, xa coñecidos polos servizos de seguridade. Os investigadores localizaron un chalé, utilizado como almacén de seguridade, no que conseguiron detectar aos implicados cando estaban a ocultar a droga nun turismo caleteado. Grazas a esta operación detívose a seis dos implicados na rede en Galicia e cinco máis en Madrid.

As primeiras pescudas, tras a alerta do CTI e a DEA, permitiron aos investigadores identificar a varias das persoas implicadas en distintos puntos de España. En concreto, os investigados estaban en Madrid, Ourense e varias localidades da comarca do Salnés en Pontevedra. No marco das investigacións, os axentes localizaron unha vivenda susceptible de ser o lugar no que os narcotraficantes almacenaban a droga. A partir de aí, os axentes centráronse en conseguir a información necesaria para abortar a distribución da cocaína en España.

Unha vez que se cercioraron do día no que os implicados poderían recibir a droga, establecéronse varios dispositivos para deter aos investigados e incautar a droga. En canto os axentes comprobaron que un turismo e unha furgoneta entraban na vivenda, ante a sospeita de que a droga ía ser "rescatada da gardaría" --explica a Policía Nacional--, un equipo dos GEO asaltou o inmoble e descubriu aos arrestados ocultando a droga nun compartimento do turismo.

En paralelo, os axentes procederon a deter ás persoas implicadas, cinco en Madrid e seis en Galicia, e interviñeron aproximadamente 650 quilos de cocaína. Ademais incautáronse de 50.000 euros, diversa documentación, catro vehículos e varios terminais telefónicos. Con esta operación desarticulouse unha organización de narcotraficantes que pretendía distribuír cocaína en España.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta