Alumnos de sete colexios, premiados no concurso da Xunta contra a violencia de xénero

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2018 | Actualizada ás 15:39

Comparte esta noticia

Alumnos de centros educativos das Pontes, Melide, Vilalba, Pontevedra, Sanxenxo, Cangas do Morrazo, Santiago e Ribeira, foron premiados no concurso audiovisual organizado pola Xunta de Galicia con motivo do 25 N, o Día internacional contra a violencia de xénero. No certame participaron alumnos de 5º e 6º de Primaria, de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e de Bacharelato, dun total de 50 centros educativos.

Imaxe do IES de Melide vencedora no concurso da Xunta. XUNTA DE GALICIA
Imaxe do IES de Melide vencedora no concurso da Xunta. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Ilustrando distintas imaxes contra os malos tratos, os estudantes plasmaron frases como 'Todas as persoas somos iguais pero hai xente que non o quere entender', 'No amor non hai ataduras', 'Non hai amor nos malos tratos' ou 'Acabemos coa tormenta, fagamos que salla o sol'.

En imaxe gráfica os primeiros premios recaeron no IES Moncho Valcarce das Pontes para a 1º categoría e no IES de Melide para a 2º. Os segundos premios de imaxe gráfica foron para CEIP Monseivane de Vilalba e o IES Sánchez Cantón de Pontevedra. No apartado de peza audiovisual os primeiros premios foron para o IES Vilalonga de Sanxenxo e para o IES María Soliño de Cangas do Morrazo. Os segundos premios de pezas audiovisuais foron gañados polo CEIP Santiago Apóstolo, de Santiago de Compostela e o Colexio Galaxia de Ribeira.

O concurso estaba dividido en dúas categorías, a primeira, para o alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), e a 2ª para alumnado de 3ª e 4ª da ESO e 1º e 2º de Bacharelato. O xurado, composto polos integrantes da Comisión asesora da publicidade non sexista, a Secretaría Xeral de Igualdade, e a Consellería de Educación, fallou o venres os premios do concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais, convocado pola Secretaría Xeral de Igualdade e pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, con motivo do 25 de novembro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta