Morre unha muller en Viveiro como consecuencia do desbordamento dun río

Unha tromba de auga desbordou o Río Ponte Labrada.

Por Europa Press / Redacción | Viveiro | 19/11/2018 | Actualizada ás 09:40

Comparte esta noticia

Unha muller faleceu esta noite na localidade lucense de Viveiro (Lugo) a consecuencia da tromba de auga provocada polo desbordamento do Río Ponte Labrada.

Río Ponte Labrada, en Viveiro
Río Ponte Labrada, en Viveiro | Fonte: turismo.gal

A vítima foi localizada na súa vivenda xunto á súa filla, que presentaba síntomas de hipotermia, segundo informaron fontes de 112 Galicia en Twitter.

O desbordamento do río provocou a inundación de vivendas, garaxes e baixos comerciais. Efectivos de Bombeiros tiveron que descolgarse por claraboias das vivendas para poder acceder ao interior delas e comprobar o estado das persoa que se atopaban no interior.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta