Facenda di afastar Galicia da inestabilidade coas súas contas, rexeitadas pola oposición

En Marea defende que eses orzamentos afondan na "desigualdade", mentres que o PSdG cre que se podería "facer moito máis". Pola súa parte, o BNG critica a xestión deste Goberno "paralizado".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2018 | Actualizada ás 13:18

Comparte esta noticia

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, defendeu que a Xunta deixa a Galicia "a salvo da inestabilidade xeral que está a sufrir España" cos seus orzamentos, que para a oposición son "os da autocompracencia".

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, no Parlamento galego. XUNTA
O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, no Parlamento galego. XUNTA | Fonte: Europa Press

Con este cruzamento de visións comezou no pleno do Parlamento o debate de totalidade das contas galegas para 2019, que ascenden a 9.850 millóns de euros.

Xa pola tarde, e tras a votación das emendas, seguiralle o relativo á coñecida como lei de acompañamento. O voto do PP, o grupo maioritario, fará que ambos os proxectos avancen na súa tramitación.

Na quenda dos grupos, o portavoz de En Marea, Luís Villares, mostrou o seu rexeitamento a uns orzamentos "que seguen agrandando as fendas" da "desigualdade", nun escenario no que ve "mal repartida" a riqueza. Por iso, a formación rupturista quere incrementar en 500 millóns os recursos dispoñibles a través dun cambio da política fiscal.

O portavoz do PSdeG na Cámara autonómica, Xoaquín Fernández Leiceaga, subliñou que "é posible facer moito máis" para "reactivar" a economía. O seu grupo, de feito, propón mobilizar 402 millóns entre as distintas partidas que expón a Xunta e incrementar en 300 os ingresos, dos cales 140 virían do recurso ao déficit.

En canto ao BNG, o seu portavoz no Pazo do Hórreo, Ana Pontón, equiparou o debate co "día da marmota", protagonizado ao seu xuízo por un Goberno "que non ten ideas nin capacidade de xestión", posto que está "paralizado". Os nacionalistas defenden unha modificación de impostos coa que se recadarían 200 millóns de euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta