O rei emérito, "a tope sen drogas!" en Vigo

Varios cidadáns atopáronse con Juan Carlos I a pasada fin de semana á súa saída dunha cea. E isto foi o que aconteceu...

Por Galicia Confidencial | Vigo | 20/11/2018 | Actualizada ás 09:59

Comparte esta noticia

O rei emérito Juan Carlos I estivo por Vigo a pasada semana, nunha das súas habituais 'cuchipandas'. Amante do bo comer e do bo beber, visitou un "choco" da rúa Ronda de don Bosco, acompañado pola infanta Elena, para cear cos membros da Asociación Amigos de la Buena Mesa, informaron medios locais.

O rei emérito Juan Carlos I, en Vigo.
O rei emérito Juan Carlos I, en Vigo.

O momento álxido da noite chegou cando Juan Carlos abandonou o local acompañado polo seu séquito e topou cun grupo de habituais da noite viguesa no exterior de La Juakina, un célebre bar preto do Concello onde acostuman darse cita xornalistas, músicos, algún futbolista canalla, seareiros do Celta e toda unha fauna de amantes dos vicios nocturnos.

A presenza do rei emérito suscitou toda unha serie de comentarios etílicos"El rrrrrrrey", "¿Puedo darte un besiño?", "¡Viva España y viva el rey!", "¡Viva la República!", "¡Viva la buena geeente!", "¿Qué tal el centollo?", "¡Galicia Calidade, Juanca!", "¿Y mi chica?, ¿dónde está mi chica?"... Todo entre esas risas que causa o alcol tras varias inxestas. Houbo quen mesmo lle espetou un "¡A tope sin drogas!".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 En Vigo falase castelán

Que campechano é!