Un proxecto de avistamento de aves en Galicia, partícipe dos European Business Awards for the Environment

Só en 2018, os empregados voluntarios de Viaqua realizaron máis de 2.300 avistamentos de máis de 40 especies distintas.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 21/11/2018 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

Suez España foi premiada nos European Business Awards for the Environment (EBAE), organizados pola Comisión Europea, na categoría de empresa e biodiversidade, polo proxecto “De plantas de tratamento de auga cara a reservas de biodiversidade”

Voluntarios do proxecto BiObserva, de observación de aves en entornos de depuradoras
Voluntarios do proxecto BiObserva, de observación de aves en entornos de depuradoras | Fonte: Viaqua

E Galicia tamén ten parte deste recoñecemento xa que dentro deste proxecto ten un peso fundamental o programa de voluntariado ambiental BiObserva que Viaqua, como parte do grupo Suez, desenvolve en Ourense, na ETAP (Estación de Tratamento de Auga Potable) de  Coiñas e a  ETAP de San Francisco; en Santiago, na EDAR (Estación Depuradora de Augas Residuais) de  Silvouta e a  ETAP do Tambre; e en Pontevedra, na EDAR de Pontevedra e a  ETAP do Lérez. 

Trátase dunha iniciativa de ciencia cidadá que implica aos traballadores na protección da biodiversidade da instalación a través do avistamento de aves. Só en 2018, os empregados voluntarios de Viaqua realizaron máis de 2.300 avistamentos de máis de 40 especies distintas. Entre elas, destacan a Merlo, Lavandeira Branca, Pardal, Pomba Torcaz, Corvo Pequeno, Lavanco, entre outros e destacando incluso a presenza dalgún Picapeixe.  

ELIMINACIÓN DE FITOSANITARIOS

O diagnóstico de biodiversidade e implantación de plans de acción nos espazos e instalacións xestionadas, a eliminación do uso de fitosanitarios e pesticidas ou a incorporación de protocolos de actuación fronte a especies exóticas invasoras son outros dos compromisos que as sociedades do grupo Suez comparten dentro da súa estratexia global de Desenvolvemento Sustentable cuxo horizonte é 2021 e ao redor da cal se estruturou o proxecto gañador.

Dulcinea Mejide, directora de Desenvolvemento Sostible da organización, foi a encargada de recoller o galardón nun acto celebrado en Viena o pasado mércores pola tarde. “Este premio recoñece o esforzo de todalas persoas de SUEZ que traballan con constancia e convencidas da necesidade de preservar a biodiversidade nas nosas plantas de tratamento para transformalas en infraestruturas verdes”, destacou Meijide. 

Os European Business Awards for the Environment recibiron, este ano, 161 solicitudes de empresas europeas procedentes de 19 países, entre as cales Suez foi unha das 22 candidaturas preseleccionadas. Este proxecto xa foi premiado, o pasado xuño, na sección española dos Premios Europeos de Medio Ambiente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta