Descubre como aforrar na reforma dunha casa

Definir o tipo de obra que se vai desenvolver, apostar pola eficiencia enerxética e pedir subvencións son algúns dos consellos para conseguir diminuír os custos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 22/11/2018 | Actualizada ás 13:03

Comparte esta noticia

Moita xente teme o momento de facer reformas na súa vivenda e o consecuente desembolso de diñeiro que iso supón. Facer fronte a eses custos para poder liquidar aqueles pequenos danos que poidan existir non sempre é doado, mais ás veces é necesario facelo para evitar problemas no futuro. 

Un edificio de vivendas
Un edificio de vivendas

Para comezar a aforrar diñeiro, é aconsellable contar cunha empresa especializada que nos asesore. ​Neste sentido, Quotatis traballa para poñer en contacto a clientes e compañías . Aínda así, o que se debe ter claro dende o principio é o tipo de reforma que se vai realizar. O máis recomendable é investir un pouco de tempo paseando pola propia vivenda e ir anotando nun papel todo aquilo que se queira cambiar e/ou mellorar.

Unha vez chegue o momento de que o profesional teña que revisar o fogar para saber exactamente que é o que ten que facer, un non debera esquecerse de preguntarlle polo orzamento. Este debe axustarse o máximo posible ao resultado final. O primeiro obxectivo será atopar o que máis se adapte ás necesidades de cadaquén, á parte de aquilo que presente unha mellor relación calidade-prezo.

EXISTEN AXUDAS E SUBVENCIÓNS PARA REALIZAR REFORMAS?

Si, pódense pedir axudas e subvencións que faciliten a rehabilitación da vivenda, aínda que estas poden variar dependendo da comunidade autónoma.

É importante ter en conta que, para poder solicitalas, esíxense algúns requisitos. Entre eles, o feito de que o 25% da obra estea indicada para o sector de enerxías renovables ou ter uns ingresos mensuais mínimos. De todas formas, o mellor é informarse no Concello da correspondente localidade para saber como comezar a aforrar diñeiro.

A MAIOR PARTE DO AFORRO PROVÉN DA ENERXÍA

Á hora de realizar a reforma, paga a pena preguntarse que tipo de enerxía se vai utilizar. É certo que iso non supoñerá ningún tipo de aforro directo, pero de seguro que nun futuro se agradecerá e se notará unha diminución da cantidade a pagar na factura de luz.

Para iso, unha opción é pedirlle aos profesionais que utilicen bos illamentos. Dese xeito, non se perderá unha gran cantidade de calor nos meses máis fríos e estarase máis fresquiño no verán. Asemade, estarase garantindo o que o propio ruído ou humidade non danen estes sistemas, algo que provocaría o aumento considerable do consumo enerxético.

Aínda que fortalecer eses sistemas supoña gastar unha pequena cantidade de diñeiro a maiores, é recomendable facelo. Aos poucos irase agradecendo. É preferible investir un pouco máis e que unha instalación perdure durante dez anos, a utilizar materiais de menor calidade e ter que facerse cargo dunha reforma semellante cada dous anos. 

Por outra banda, no caso de que se queiran ampliar estancias, cómpre estudar sempre a iluminación que se obterá. Na medida do posible, estaría ben tentar que a nova instalación eléctrica estea deseñada por sectores, sempre tendo en conta as dimensións das habitacións, onde estarán situadas as portas e xanelas, ademais do uso que se lle dará.

Con estes sinxelos pasos conseguirase aforrar moito diñeiro nas facturas, á vez que se evitarán reformas demasiado asiduas no fogar. Iso, ao cabo, tradúcese en moito máis aforro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta