Temas: BNG NACIONALISMO

O vídeo do BNG que identifica a Kahlo, Mandela, Arafat, Gandhi, Malcolm X e Lorca coa causa nacionalista galega

O Bloque publica un novo vídeo para conmemorar cen anos de nacionalismo galego. Nel mestúranse imaxes de Castelao, Alexandre Bóveda, Manuel María ou a propia líder do BNG, Ana Pontón, coas de históricos líderes políticos, activistas e artistas de todo o mundo.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 23/11/2018 | Actualizada ás 11:22

Comparte esta noticia

Unha mestura de políticos, artistas, escritores e activistas nacionalistas galegos con persoeiros de todo o mundo e todos os eidos. Castelao, Camilo Díaz Baliño, Lois Peña Novo, Alexandre Bóveda, Moncho Reboiras, Bautista Álvarez, Manuel María, Agustín Fernández Paz... ou a propia líder do BNG, Ana Pontón, son relacionados con personaxes históricos que representan a loita por distintas causas sociais e políticas en distintas partes do mundo.

Nelson Mandela, nun vídeo do BNG para conmemorar cen anos de nacionalismo galego.
Nelson Mandela, nun vídeo do BNG para conmemorar cen anos de nacionalismo galego.

"Somos eles e elas, sendo nós, nacionalistas, porque o pobo galego existe, porque Galiza é unha nación", dise no vídeo, no que esta afirmación remata coa imaxe de Nelson Mandela, o activista contra o apartheid que conseguiu ser o primeiro presidente negro de Suráfrica tras 27 anos encarcerado.

"Somos nacionalistas e sentimos como propias todas as causas xustas", din sobre unha imaxe do líder do Movemento de independencia indio Mahatma Gandhi.

Non son os únicos líderes e referentes históricos. O nacionalismo galego mostra as "persoas que nos inspiran e levamos en nós", como Malcolm X (ao que esriben mal o seu nome no vídeo e chaman "Malcom"), Salvador Allende, James Connelly, o Che Guevara, Virginia Woolf, Simone de Beauvoir, Federico García Lorca ou Rosa Parks, entre outros moitos, identificados coas mesmas causas que o BNG di defender.

E usa estas figuras, mesturadas cos activistas do nacionalismo galego, para defender que "temos dereito a poder decidir o noso futuro", seguindo o camiño emprendido en Cataluña. 

"Levamos no noso ADN o internacionalismo, o pacifismo, o combate a todas as dominacións e a loita por unha vida xusta para todas as persoas", argúen desde o BNG. 

O lema do vídeo: "As súas causas, a nosa causa. Elas e eles, o noso exemplo". De Castelao a Ana Pontón, pasando por Mandela, Kahlo ou Lorca.

Esta peza conmemora un século de nacionalismo galego (1918-2018) na campaña "Somos unha nación" que puxo en marcha o Bloque.

Temas: BNG NACIONALISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

1 Chico Percebe

Por suposto que todos eran do Bloque e estaban a favor da inmersión lingüística obligatoria no ensino (os nenos galegos que teñen como língua propia o español, que se j...). Tamén berraron "Autopista non", e estaban a favor de ir as eleccións con Bildu (os amiguiños de ETA) e os de ERC (ignorar as leis durante anos, reventar a Constitución, acogotar a oposición no parlamento catalán...). Todos eles sabían que a culpa do que pasa en Galicia é de Feijóo e de Madrí e estaban a favor da independencia de Galicia (aínda que a gran mayoría dos galegos non comparta esa opinión, non ten importancia. Xa se sabe que os verdadeiros e únicos galegos son eles, os do Bloque) e qué sei eu cantas lerias máis! O caso é vivir de ensoñacións e tratar de engañar aos cidadáns. Así lles vai

1 SON

Vai nivel, rapas? non che dan para mais as neuronas? con intelectuais coma estes no poder asi nos vai...

2 Triton Man

Osti ti aínda estás co da autopista que é de antes de que existise o Bloque. E o AVE que, chega dentro de cinco anos, eh pillabán?

3 teutonio

Home, Mandela e o seu partido eran abertamente de esquerdas e nacionalista, Gandhi tamén nacionalista e o resto todo se poderían claramente identificar facilmente coas ideas progresistas, feministas ou antiimperialistas do Bloque. Con certeza co ideario de Feijoo, Casado ou Rivera xa terían máis problemas.

4 teutonio

Home, Mandela e o seu partido eran abertamente de esquerdas e nacionalista, Gandhi tamén nacionalista e o resto todo se poderían claramente identificar facilmente coas ideas progresistas, feministas ou antiimperialistas do Bloque. Con certeza co ideario de Feijoo, Casado ou Rivera xa terían máis problemas.